Control e robótica

Presentación.

»Inicio    »Guía didáctica    »Recursos complementarios (Saír)    »Robótica no Blogue (Saír)   

Inicio.

 

barreira automáticaCantidade de máquinas, aparatos e dispositivos do noso entorno dispoñen dun gran número de funcións automáticas que se realizan sen a intervención humana.

Algúns exemplos son: o enfoque automático da cámara de fotos, os programas de funcionamento da lavadora, a apertura automática das portas do supermercado, o control de tráfico, o acendido automático dos farois cando se fai de noite, o desvío de chamadas dun teléfono, a orientación dun aeroxerador cara o vento, a soldadura e pintura robotizada nunha fábrica de coches, etc.

Os robots, en esencia, son máquinas programables capaces de realizar automaticamente varias funcións complexas, incluíndo diferentes tipos de movemento.

Nesta sección poderás coñecer que son os sistemas automáticos e os robots, e como se controla o seu funcionamento.

Clica no panel lateral esquerdo a sección que queres visitar. Atoparás:

  • Automatismos e robots: características básicas dos sistemas de control automático e dos robots, e a súa programación
  • LEGO: Caacterísticas do robot LEGO Mindstorms NXT e a súa programación.

Tamén podes:

Suxestións: @   |   Actualizado o 21-08-2008

W3C   Creative Commons License