Control e robótica

Nivel 1

Lego Mindstorms NXT

»Introdución    »O robot NXT    »Programación   »Actividades   

Introdución:


Lego NXT educationalNo IES Primeiro de Marzo de Baiona dispoñemos dende este ano 2008 5 robots Lego Mindstorms NXT - Education grazas a unha axuda do Ministerio de Educación e Ciencia para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns.

Neste proxecto colaboramos e participamos os departamentos de tecnoloxía de 4 centros de Educación Secundaria de distintas comunidades autónomas: Ripoll (Girona), Velilla de San Antonio (Madrid), Zalla (Bizkaia) e o noso de Baiona (Pontevedra)

A finalidade deste espazo en tecnoloxia.org é coñecer un pouco máis que é o robot Lego NXT, como funciona, e como programalo, como complemento ás prácticas e proxectos que realizamos na clase e ás actividades programadas no proxecto común entre os catro centros.



Suxestións: @   |   Actualizado o 20-03-2008

W3C   Creative Commons License