Un automatismo é un sistema que, sen a intervención humana, repite de forma automática a acción para a que está deseñado, pero sen posibilidade de variar o seu funcionamento.
Unha
lámpada pódela acender e apagar manualmente mediante
un pulsador. Premendo varias veces consegues unha luz intermitente. Se
acoplamos un mecanismo de leva accionado mediante unha manivela consegues
tamén a intermitencia.
Calquera deses casos non sería un automatismo, xa que precisa da intervención humana.
Sen embrago, se conectamos un motor que se encargue de mover a leva xa estaríamos ante un automatismo. O sistema repite constantemente unha acción sen a intervención humana.
Podemos fabricar un automatismo máis complexo, que funcione en resposta a un sinal externo. Por exemplo, podemos facer que o noso intermitente se poña en marcha cando detecta luz, engadindo un sensor.

Podemos construír un automatismo incorporando circuítos más complexos e con moitas máis funcións, incluso incorporar un microcontrolador programable, pero non podemos variar o seu funcionamento sen modificalo, sempre vai cumprir coa mesma tarefa para a que foi deseñado.
A diferencia dos automatismos, un robot é unha máquina programable capaz de realizar automaticamente varias funcións complexas, incluíndo diferentes tipos de movemento, e que responde ás condicións do entorno.
Un robot é moito máis versátil ca un autómata, e a súa programación é moito máis flexible xa que, mentres os automatismos realizan as tarefas concretas para as que foron deseñados, os robots son capaces de realizar moitas tarefas diferentes en función das ordes que programemos e das condicións do entorno.
Proceso |
Características da máquina |
exemplo |
|---|---|---|
| Mecanización (máquina) |
|
![]() |
| Automatización (autómata) |
|
![]() |
| Robotización (robot) |
|
![]() |