Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Rede(Informática)Conxunto de equipos conectados por medio de cables, sinais, ondas ou calquera outro método de transporte de datos, que comparten información (arquivos), recursos (impresora) e servizos (acceso a Internet, correo electrónico, xogos, etc.). |
|
CPU (Unidade Central de Procesamento)(Informática)Circuíto integrado principal do ordenador. É o seu cerebro, xa que nel residen a Unidade de Control (UC) encargada de xestionar todos os recursos, e a Unidade Aritmético Lóxica (ALU), encargada da realización de cálculos. Hoxe en día o termo CPU aplícase xeralmente a todos os microprocesadores. |
|
Icona(Informática)Símbolo que aparece na pantalla do ordenador que representa unha aplicación ou un programa e que posibilita a súa execución premendo nel co cursor do rato. |
|
Xanela(Informática)En informática dise do marco gráfico do escritorio dun sistema operativo que soporta unha aplicación, programa ou documento. Tamén se di fiestra ou ventá. |
|
Ficheiro(Informática)Conxunto de datos dun documento ou aplicación ao cal se lle asignou un nome para o seu almacenamento no disco. Tamén se di arquivo. |
|
Cela(Informática)Nunha folla de cálculo é un lugar onde se pode introducir un dato. En xeral son de forma rectangular e sitúanse por un número, letra de fila e número/letra de columna. |
|
Ozca(Ferramentas)Entalladura en espiral dun parafuso. Tamén é a concavidade ou fenda que hai nunha cousa para encaixar outra. |
|
Serrón(Ferramentas)Ferramenta que serve para cortar madeira; consta dun mango e unha folla de aceiro ancha, con dentes de serra en un dos seus bordos. |
|
Ruído(Electrónica)Termo aplicada a calquera sinal eléctrico non desexado. Nos sistemas de comunicacións, son os sinais non desexados que interfiren na transmisión e na recepción do sinal. |
|
Intelixencia artificial(Control e Robótica)A intelixencia artificial dedícase ao desenvolvemento de axentes racionais non vivos, mediante a creación de sistemas artificiais capaces de percibir o seu entorno (sensores), procesar as percepcións (microprocesadores) e actuar no seu entorno (actuadores) de forma racional, é dicir, tomando decisións correctas e maximizando o resultado agardado. No futuro preténdese poder fabricar sistemas cuxo comportamento sexa semellante ao do cerebro humano. Máis información |
|
Fibra de vidro(Materiais)Fibra que se obtén de vidro fundido ao pasalo e estiralo a través de ringleiras especiais e que pode ser fiada e tecida. É incombustible, illante, quimicamente inactiva, moi moldeable, non absorbe a humidade e ten unha baixa condutividade térmica e acústica. Emprégase en instalacións de calefacción industriais, en illamento acústico, para a fabricación de estruturas resistentes e lixeiras (veleiros, táboas de surf, cascos, piscinas, etc.), e para a fabricación de cables de fibra óptica usados nas telecomunicacións. Máis información |
|
Chafrán(Estruturas e Arquitectura)Fachada dun edificio que substitúe un canto. |
|
Verniz(Materiais)Substancia que se aplica a unha superficie para darlle brillo e protexela. |
|
Xofre(Materiais)Substancia química, de cor amarela e olor característico, sólida, de número atómico 16 e símbolo S. Emprégase no proceso de vulcanización no que se quenta caucho en presenza de xofre para que adquira maior dureza e flexibilidade. Ademais, úsase como fertilizante e na fabricación de pólvora, mistos e insecticidas, entre outros. |
|
Dínamo(Electricidade)Xerador de corrente continua capaz de transformar enerxía mecánica (do movemento) en enerxía eléctrica. Ao xirar unha bobina entre os polos dun electroimán prodúcese unha corrente eléctrica inducida. |
|
Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número