tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Aceiro

(Materiais)

Metal férreo. Ten unha gran resistencia mecánica, é máis duro có ferro, solda con facilidade e está composto por unha mestura de ferro e carbono, cunha composición de ata un 1,76% de carbono.


&imaxe

Administrador de tarefas

(Informática)

O administrador de tarefas é un programa informático que se utiliza para proporcionar información sobre os procesos e programas que se están a executar na computadora e a súa situación xeral. Pode usarse para rematar procesos, comprobar o uso destes procesos na CPU, así coma rematar programas e cambiar a propiedade entre procesos.


&imaxe

Aeroxerador

(Enerxía)

Un aeroxerador é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica.
Os aeroxeradores coñécense tamén popularmente co nome de virandelos.
Constan principalmente dun rotor que capta a enerxía do vento, unha multiplicadora que aumenta a velocidade de rotación e un xerador que produce enerxía eléctrica a partir da enerxía mecánica.

Máis información
&imaxe

Afialapis

(Ferramentas)

Un afialapis ou aguzalapis é unha ferramenta que se utiliza para afiar lapis. Poden ser manuais ou eléctricos.

Máis información
&imaxe

Aixada

(Ferramentas)

Instrumento de labranza formado por unha pa de ferro colocada perpendicularmente ao mango nun dos seus cabos. Serve para cavar ou remexer a terra. Pódense facer furados para plantar árbores e tamén podemos facer regos con ela.
Un tipo de aixada é o sacho, que normalmente é un pouco máis pequeno.


&imaxe

Aliaxe

(Materiais)

Unha aliaxe é unha mestura homoxénea ou unha disolución sólida dun metal con outros elementos que conserva o aspecto e as propiedades dun metal. Porén, as propiedades mecánicas tales como a dureza, ductilidade, tenacidade, etc poden ser moi diferentes das dos metais puros, e de aí o seu interese industrial.
Exemplos: Aceiro (ferro e carbono), Bronce (cobre e estaño), Latón (cobre e cinc)

Máis información
&imaxe

Alicates universais

(Ferramentas)

Son tenaces de aceiro con brazos encurvados e puntas cuadrangulares ou de forma de cono truncado, e que serven para coller e suxeitar obxectos miúdos ou para cortar arames, chapiñas delgadas ou cousas similares.


&imaxe

Alicerces

(Estruturas e Arquitectura)

Alicerces ou cimentos, tamén chamados cimentación ou fundación, é o conxunto das estruturas utilizadas para transmitiren as cargas da construción ao solo.

Máis información
&imaxe

Alto forno

(Materiais)

Alto forno é como se chama a construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa ou arrabio.

Máis información
&imaxe

Altofalante

(Electrónica)

Un altofalante é un transdutor que converte a enerxía eléctrica en enerxía acústica (mecánica).
Ao circular corrente por unha bobina que se atopa rodeada por un imán, esta comeza a vibrar, provocando a vibración dunha membrana que produce o son.
Realiza o proceso contrario ao micrófono, que transforma un sinal acústico nun sinal eléctrico.
Pode ser un periférico de saída dun ordenador.

Máis información
&imaxe

Amortecedor

(Mecánica)

Dispositivo mecánico, pneumático ou hidráulico empregado en máquinas con partes móbiles para absorber os movementos bruscos.
Utilízanse na suspensión dos vehículos

Máis información
&imaxe

Ancho de feixe

(Comunicación)

Ángulo en graos medido entre os puntos do lóbulo principal de media potencia, ou -3 dB, con respecto á máxima potencia radiada efectiva, podendo estar indicado tanto con respecto ao plano horizontal coma ao plano vertical do diagrama de radiación da antena.

Máis información
&imaxe

Aparello

(Tecnoloxía)

Conxunto organizado de pezas que cumpre unha función determinada.
Exemplos: ordenador, trade, etc.


&imaxe

Arame

(Materiais)

Todo tipo de fío fino que é obtido por trefilado ou polo alongamento de metais diferentes segundo a propiedade de ductilidade. Os principais son de aceiro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros.


&imaxe

Árbore

(Mecánica)

Unha arbore é un elemento mecánico que a diferenza dun eixo si transmite potencia.
Un exemplo é a árbore de levas, que está formada por un eixo no que se colocan distintas levas e poden ter diferentes formas e tamaños e estar orientadas de diferente maneira, para activar distintos mecanismos a intervalos repetitivos, como por exemplo unhas válvulas.


Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome