tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 Páxina 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Folla de cálculo

(Informática)

É un programa que permite manipular datos numéricos e alfanuméricos dispostos en forma de táboas. Mediante este programa é posible realizar cálculos complexos con fórmulas e funcións e debuxar distintos tipos de gráficas.


&imaxe

Fol

(Ferramentas)

É un dispositivo mecánico cuxa función é a de conter ar para expulsalo a certa presión e en certa dirección.
En forxa úsase para darlle aire ao lume e mellorar a combustión.


&imaxe

Fío Musical

(Comunicación)

Sistema transmisor de emisións de radio, musicais fundamentalmente, a través das liñas telefónicas.


&imaxe

Fidelidade

(Electrónica)

Grao de exactitude coa que un sistema reproduce na súa saída as características esenciais do sinal que se aplica á súa entrada.
En música a alta fidelidade chámase Hi-Fi, que é a que mellor calidade ten.


&imaxe

Ficheiro

(Informática)

Conxunto de datos dun documento ou aplicación ao cal se lle asignou un nome para o seu almacenamento no disco. Tamén se di arquivo.


&imaxe

Fibra de vidro

(Materiais)

Fibra que se obtén de vidro fundido ao pasalo e estiralo a través de ringleiras especiais e que pode ser fiada e tecida.
É incombustible, illante, quimicamente inactiva, moi moldeable, non absorbe a humidade e ten unha baixa condutividade térmica e acústica.
Emprégase en instalacións de calefacción industriais, en illamento acústico, para a fabricación de estruturas resistentes e lixeiras (veleiros, táboas de surf, cascos, piscinas, etc.), e para a fabricación de cables de fibra óptica usados nas telecomunicacións.

Máis información
&imaxe

Ferruxe

(Materiais)

Óxido férrico hidratado de cor parda e vermella que se forma sobre o ferro exposto á humidade.


&imaxe

Ferro coado

(Materiais)

Metal férreo composto por unha mistura de ferro e carbono nunha proporción entre 1,76 e 4,5% e que é menos resistente có aceiro. Chámase tamén fundición.


&imaxe

Ferraxe

(Instalacións)

Conxunto de elementos mecánicos de apertura e pechamento de portas e ventás.


&imaxe

Ferralla

(Materiais)

Conxunto de obxectos de ferro, folla de lata, etc., vellos e usados e que se destinan á reciclaxe.


&imaxe

Fendas de expansión

(Informática)

As rañuras ou fendas de expansión son os conectores da placa base que permiten engadir novos compoñentes ao ordenador.


&imaxe

Esforzo

(Estruturas e Arquitectura)

Forzas que aparecen nos elementos dunha estrutura cando está sometida a outras forzas ou cargas.
Unha estrutura pode estar sometida a diferentes esforzos: Cisallamento, flexión, compresión, tracción ou torsión.


&imaxe

Escuadros

(Estruturas e Arquitectura)

Son elementos que se utilizan para fixar un andel á parede ou ben reforza-la unión de dúas pezas de madeira.


&imaxe

Escuadro

(Debuxo técnico)

Instrumento, xeralmente de metal ou madeira, con forma de triángulo rectángulo, que serve para trazar e medir ángulos rectos.


&imaxe

Enxeñería

(Tecnoloxía)

A enxeñería ou enxeñaría aplica o coñecemento científico e técnico para solucionar problemas prácticos.
Os enxeñeiros/as usan a imaxinación, o xuízo, a razón e a experiencia para aplicar a ciencia e a tecnoloxía á resolución de problemas para a satisfacción das necesidades sociais.
O resultado constitúeno o deseño, a produción e o uso de obxectos útiles ou procesos.

Máis información

Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 Páxina 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por nome