tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 18 que comezan por T ordeadas alfabeticamente dun total de 212

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Táboa de verdade

(Electrónica)

É unha maneira de representar os estados das variables de entrada e de saída que ten unha función lóxica. Utilízase nos circuítos dixitais.


&imaxe

Taboleiro

(Materiais)

Prancha de madeira que presenta unha superficie plana e lisa e que se constrúe unindo táboas.


&imaxe

Tarxeta de expansión

(Informática)

As tarxetas de expansión son dispositivos con diversos circuítos integrados e controladores que, inseridas nas súas correspondentes rañuras de expansión, serven para ampliar as capacidades dun computador.
Na actualidade as tarxetas adoitan ser de tipo PCI, PCI Express ou AGP. Como exemplo de tarxetas que xa non se utilizan temos a de tipo Bus ISA.
Grazas ao avance na tecnoloxía USB e á integración de audio, vídeo ou rede na placa base, hoxe en día son menos imprescindibles para ter un computador completamente funcional.


&imaxe

Tarxeta gráfica

(Informática)

Compoñente informático encargado de procesar os datos de imaxe procedentes da CPU e transformalos en información representable nunha pantalla ou monitor para a súa visualización.


&imaxe

Tecnoloxía

(Tecnoloxía)

A Tecnoloxía defínese como o conxunto de coñecementos e técnicas que, aplicados de forma lóxica e ordenada, permiten ao ser humano modificar a súa contorna material ou virtual para satisfacer as súas necesidades ou resolver problemas.
A actividade da tecnoloxía é, mediante o método de proxectos, o deseño, creación e construción de obxectos e sistemas para poñelos a disposición da sociedade.

Máis información
&imaxe

Teléfono móbil

(Comunicación)

Un teléfono móbil é un dispositivo de comunicación electrónico portátil que non require cables condutores para a súa conexión á rede telefónica.
Conéctanse coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional.
Ademais da comunicación por voz, pode incluír outras funcións como cámara fotográfica e de vídeo, mensaxes, reprodutor de mp3, acceso a internet, GPS, etc.


&imaxe

Tenaces

(Ferramentas)

Ferramenta para agarrar ou arrincar, formada por dous brazos móbiles de metal unidos por un eixe e rematados en forma de gancho.


&imaxe

Tenacidade

(Materiais)

A tenacidade é a resistencia que opón un corpo á súa rotura cando está sometido a esforzos lentos de deformación. Por exemplo, os tensores da Ponte de Rande.
Cando un material soporta os golpes sen se romper acostumamos dicir que é resiliente, por exemplo, o metal dunha campá.
Cando un material ó recibir un golpe rompe con facilidade dicimos que é fráxil, por exemplo, un obxecto de cerámica.

Máis información
&imaxe

Tesoiras

(Ferramentas)

É unha ferramenta que serve para cortar.
As follas son anacos de metal afiados que permiten o corte. Adoitan estar feitas de aceiro inoxidable para impedir que se oxiden facilmente.
Nos extremos das follas pode haber uns saíntes que se introducen nun plástico protector. Estes saíntes teñen unha pequena curva para asegurar que estean ben suxeitos ao mango e non saia con facilidade.
As follas teñen senllos buracos para introducir un parafuso, que é o eixo entre as dúas follas, e que permite que, premendo nos mangos de plástico, estas se xunten e corten os materiais que se atopen entre elas.
É unha panca de 1º grao.
Dependendo do material que se vaia cortar existen distintos tipos de tesoiras (de papel, de chapa, de electricista, etc) con características axeitadas para cada uso.

Máis información
&imaxe

Tirarrollas

(Mecánica)

Un tirarrollas ou sacarrollas é un instrumento que se utiliza para quitar as cortizas das botellas,consistente nunha espiral mecánica rematada en punta provista dun xogo de pancas, un parafuso e un sistema piñón-cremalleira.


&imaxe

Toma de Terra

(Instalacións)

Trátase dunha serie de cables condutores que teñen como misión proporcionar un camiño alternativo á corrente eléctrica en caso de que exista unha fuga ou un mal contacto, e reducir así o risco de electrocución.


&imaxe

Trabe

(Estruturas e Arquitectura)

Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.

Máis información
&imaxe

Trade

(Ferramentas)

É un aparello que serve para facer buratos en distintos materiais mediante un elemento chamado broca.


&imaxe

Transmisión por cadea

(Mecánica)

É unha transmisión que consta de dúas rodas dentadas unidas por unha cadea. Transmite movemento circular entre eixes distantes.
Pode ser multiplicadora ou redutora de velocidade.
Nas bicicletas, a roda pequena chámase piñón e a grande chámase catalina ou prato.


&imaxe

Trencha

(Ferramentas)

Ferramenta de carpinteiro para desbasta-la madeira, formada por un mango e unha folla plana de metal, grosa e longa, afiada no extremo.

Máis información

Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 18 que comezan por T ordeadas alfabeticamente dun total de 212