Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 22 que comezan por P ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Pa(Ferramentas)É unha ferramenta que ten un mango de madeira cunha agarradoira nun extremo e unha lámina de aceiro rectangular ou en punta e en forma cóncava para transportar ou remover area, grava, etc. |
|
Panca(Mecánica)As pancas son unhas barras ou elementos ríxidos que oscilan sobre un eixe ou un punto de apoio. Cando utilizamos estas máquinas aplicamos unha forza nun punto da barra para actuar sobre algunha carga o que orixina un xiro sobre o punto de apoio. Hai tres tipos de pancas: Pancas de 1º grao. O punto de apoio está no medio. Pancas de 2º grao. A resistencia está no medio. Pancas de 3º grao. A forza está no medio. Máis información |
|
Paneis solares(Enerxía)Son dispositivos utilizados para capturar a enerxía do Sol. Os paneis solares fotovoltaicos conteñen un conxunto de células solares que converten a luz en electricidade. |
|
Panferra(Ferramentas)Rapa. Ferramenta con mango de madeira e corpo metálico plano que serve para tirar os percebes da rocha. |
|
Parafuso(Mecánica)Un parafuso é unha peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza ou unha porca. Utilízase como elemento de unión. Un desaparafusador é unha ferramenta que serve para aparafusar ou desaparafusar. |
|
Parafuso de banco(Ferramentas)É una ferramenta que serve para suxeitar firmemente pezas ou compoñentes aos que se lles quere aplicar algunha operación mecánica. É un conxunto metálico moi sólido e resistente que ten dúas mordazas, unha delas é fixa e a outra ábrese e cérrase cando se xira mediante unha panca un parafuso de rosca cadrada. |
|
Parafuso sen fin(Mecánica)Denomínase parafuso sen fin a unha disposición que transmite o movemento entre eixes que están nun ángulo recto. Cada vez que o parafuso sen fin dá unha volta completa, a engrenaxe avanza un dente. |
|
Pararraios(Electricidade)Artefacto que se coloca sobre os edificios para protexelos das descargas eléctricas da atmosfera, formado por unha barra metálica terminada en punta e comunicada coa terra mediante fíos condutores de metal. |
|
Pé de rei(Ferramentas)O pé de rei é un instrumento de medición cunha sensibilidade de 0,1 mm (hainos máis sensibles). Os obxectos que se poden medir con el son dun tamaño reducido. O pé de rei ten unha parte fixa, coa graduación principal, e unha parte móbil chamada nonio, que é un dispositivo que leva inscrita outra escala graduada que esta dividida en dez pezas. Máis información |
|
Perspectiva cabaleira(Debuxo técnico)A perspectiva cabaleira consta de dous eixes colocados de forma ortogonal, é dicir, perpendiculares, e un terceiro inclinado, que é o que nos dá a idea de profundidade. O alzado da peza mantén as súas dimensións. |
|
Piar(Estruturas e Arquitectura)É un elemento vertical, normalmente de sección cadrada, sustentante dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación. Máis información |
|
Pina(Mecánica)Nunha roda a pina ou lamia é a parte metálica sobre a que se monta o pneumático. Por exemplo: Este coche ten as pinas de aliaxe. |
|
Piñon-Cremalleira(Mecánica)É un mecanismo formado por unha roda dentada que engrena cunha barra tamén dentada. Este mecanismo transforma o movemento circular da roda en rectilíneo da cremalleira ou viceversa. Utilízase para dar movemento a carros de maquinas, a bandexas de un lector de CD, ao eixe principal dun trade, etc. |
|
Placa nai(Informática)A placa base, placa nai, tarxeta nai (en inglés motherboard ou mainboard) é unha tarxeta de circuíto impreso á que se conectan as demais partes da computadora. Ten instalados unha serie de circuítos integrados, entre os que se atopan o chipset, que serve como centro de conexión entre o procesador, e outros dispositivos. Máis información |
|
Pneumática(Mecánica)A pneumática é a tecnoloxía que emprega ar comprimido como xeito de transmisión da enerxía necesaria para mover e facer funcionar mecanismos. Mediante un compresor comprimimos e almacenamos o ar, que acumula enerxía. Ao facer circular este ar por un circuíto pneumático con válvulas, a enerxía acumulada emprégase para facer mover uns cilindros. |
|
Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 22 que comezan por P ordeadas alfabeticamente dun total de 212