Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1
Listadas 7 das 7 que comezan por D ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Desaparafusador(Ferramentas)É unha ferramenta que se utiliza para introducir ou extraer tirafondos ou parafusos que teñen rañura en estrela ou recta en distintos materiais. |
|
Detector de proximidade(Control e Robótica)Un transdutor ou detector de proximidade é calquera dispositivo capaz de responder cun sinal ante un obxecto situado no seu contorno. Este sinal pode ser posteriormente utilizado polo sistema (automatismo ou robot) Os detectores de proximidade indutivos funcionan a partir da variación dun campo magnético que se produce cando se achega un obxecto. Nos capacitivos o que varía é o campo eléctrico. |
|
Dínamo(Electricidade)Xerador de corrente continua capaz de transformar enerxía mecánica (do movemento) en enerxía eléctrica. Ao xirar unha bobina entre os polos dun electroimán prodúcese unha corrente eléctrica inducida. |
|
Díodo(Electrónica)Un díodo é un compoñente electrónico semicondutor que só permite o paso da corrente eléctrica nun sentido, e non o permite no sentido contrario. Utilízase en moitos dispositivos electrónicos, por exemplo para protexer circuítos, ou para transformar a corrente alterna en corrente continua (circuíto rectificador) |
|
Disqueteira(Informatica)Dispositivo para ler a información contida nos disquetes , que eran discos flexibles de pequeno formato que se empregaban como soporte magnético de almacenamento. Están xa en desuso. |
|
Doela(Estruturas e Arquitectura)A doela, en arquitectura, é un elemento construtivo que conforma un arco e que pode ser de diferentes materiais, como ladrillo ou pedra. Actualmente elabóranse habitualmente en formigón, armado ou pretensado. En arquitectura clásica, a doela é unha peza, normalmente de pedra, en forma de cuña que compón o arco ou a bóveda e caracterízanse pola súa disposición radial. A doela do centro, que pecha o arco, chámase clave. As doelas (basais) dos extremos e que reciben o peso, chámanse salmer. Máis información |
|
Ductilidade(Materiais)É a capacidade dalgúns materiais de transformárense en fíos cando se estiran. Os plásticos e algúns metais, coma o ouro, o aluminio e o cobre, son materiais dúctiles. Máis información |
|
Páxina 1
Listadas 7 das 7 que comezan por D ordeadas alfabeticamente dun total de 212