Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 17 que comezan por A ordeadas alfabeticamente dun total de 212
Aceiro(Materiais)Metal férreo. Ten unha gran resistencia mecánica, é máis duro có ferro, solda con facilidade e está composto por unha mestura de ferro e carbono, cunha composición de ata un 1,76% de carbono. |
|
Administrador de tarefas(Informática)O administrador de tarefas é un programa informático que se utiliza para proporcionar información sobre os procesos e programas que se están a executar na computadora e a súa situación xeral. Pode usarse para rematar procesos, comprobar o uso destes procesos na CPU, así coma rematar programas e cambiar a propiedade entre procesos. |
|
Aeroxerador(Enerxía)Un aeroxerador é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Os aeroxeradores coñécense tamén popularmente co nome de virandelos. Constan principalmente dun rotor que capta a enerxía do vento, unha multiplicadora que aumenta a velocidade de rotación e un xerador que produce enerxía eléctrica a partir da enerxía mecánica. Máis información |
|
Afialapis(Ferramentas)Un afialapis ou aguzalapis é unha ferramenta que se utiliza para afiar lapis. Poden ser manuais ou eléctricos. Máis información |
|
Aixada(Ferramentas)Instrumento de labranza formado por unha pa de ferro colocada perpendicularmente ao mango nun dos seus cabos. Serve para cavar ou remexer a terra. Pódense facer furados para plantar árbores e tamén podemos facer regos con ela. Un tipo de aixada é o sacho, que normalmente é un pouco máis pequeno. |
|
Aliaxe(Materiais)Unha aliaxe é unha mestura homoxénea ou unha disolución sólida dun metal con outros elementos que conserva o aspecto e as propiedades dun metal. Porén, as propiedades mecánicas tales como a dureza, ductilidade, tenacidade, etc poden ser moi diferentes das dos metais puros, e de aí o seu interese industrial. Exemplos: Aceiro (ferro e carbono), Bronce (cobre e estaño), Latón (cobre e cinc) Máis información |
|
Alicates universais(Ferramentas)Son tenaces de aceiro con brazos encurvados e puntas cuadrangulares ou de forma de cono truncado, e que serven para coller e suxeitar obxectos miúdos ou para cortar arames, chapiñas delgadas ou cousas similares. |
|
Alicerces(Estruturas e Arquitectura)Alicerces ou cimentos, tamén chamados cimentación ou fundación, é o conxunto das estruturas utilizadas para transmitiren as cargas da construción ao solo. Máis información |
|
Alto forno(Materiais)Alto forno é como se chama a construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa ou arrabio. Máis información |
|
Altofalante(Electrónica)Un altofalante é un transdutor que converte a enerxía eléctrica en enerxía acústica (mecánica). Ao circular corrente por unha bobina que se atopa rodeada por un imán, esta comeza a vibrar, provocando a vibración dunha membrana que produce o son. Realiza o proceso contrario ao micrófono, que transforma un sinal acústico nun sinal eléctrico. Pode ser un periférico de saída dun ordenador. Máis información |
|
Amortecedor(Mecánica)Dispositivo mecánico, pneumático ou hidráulico empregado en máquinas con partes móbiles para absorber os movementos bruscos. Utilízanse na suspensión dos vehículos Máis información |
|
Ancho de feixe(Comunicación)Ángulo en graos medido entre os puntos do lóbulo principal de media potencia, ou -3 dB, con respecto á máxima potencia radiada efectiva, podendo estar indicado tanto con respecto ao plano horizontal coma ao plano vertical do diagrama de radiación da antena. Máis información |
|
Aparello(Tecnoloxía)Conxunto organizado de pezas que cumpre unha función determinada. Exemplos: ordenador, trade, etc. |
|
Arame(Materiais)Todo tipo de fío fino que é obtido por trefilado ou polo alongamento de metais diferentes segundo a propiedade de ductilidade. Os principais son de aceiro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. |
|
Árbore(Mecánica)Unha arbore é un elemento mecánico que a diferenza dun eixo si transmite potencia. Un exemplo é a árbore de levas, que está formada por un eixo no que se colocan distintas levas e poden ter diferentes formas e tamaños e estar orientadas de diferente maneira, para activar distintos mecanismos a intervalos repetitivos, como por exemplo unhas válvulas. |
|
Páxina 1 2 · Seguinte
Listadas 15 das 17 que comezan por A ordeadas alfabeticamente dun total de 212