Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Páxina 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Berbequí(Ferramentas)O berbequí é unha antiga ferramenta manual usada en carpintería e ebanistería para facer furados na madeira con moita precisión a través dunha barrena. |
|
Alicates universais(Ferramentas)Son tenaces de aceiro con brazos encurvados e puntas cuadrangulares ou de forma de cono truncado, e que serven para coller e suxeitar obxectos miúdos ou para cortar arames, chapiñas delgadas ou cousas similares. |
|
Fidelidade(Electrónica)Grao de exactitude coa que un sistema reproduce na súa saída as características esenciais do sinal que se aplica á súa entrada. En música a alta fidelidade chámase Hi-Fi, que é a que mellor calidade ten. |
|
Enxeñaría inversa(Tecnoloxía)Metodoloxía que permite obter información dun sistema dispoñible para o público, pero do que non se coñece nin como nin con que está feito, nin o que o fai funcionar ou como foi fabricado. |
|
Vasoiriña(Electricidade)Bloque de grafito, con ou sen cobre, utilizado para facer contacto eléctrico entre unha superficie fixa e outra móbil dunha máquina eléctrica |
|
Enxeñería(Tecnoloxía)A enxeñería ou enxeñaría aplica o coñecemento científico e técnico para solucionar problemas prácticos. Os enxeñeiros/as usan a imaxinación, o xuízo, a razón e a experiencia para aplicar a ciencia e a tecnoloxía á resolución de problemas para a satisfacción das necesidades sociais. O resultado constitúeno o deseño, a produción e o uso de obxectos útiles ou procesos. Máis información |
|
Curtocircuíto(Electricidade)Conexión de baixa resistencia a través dunha fonte de tensión ou entre dous puntos dun circuíto que normalmente orixina unha circulación excesiva de corrente que pode provocar danos. |
|
Amortecedor(Mecánica)Dispositivo mecánico, pneumático ou hidráulico empregado en máquinas con partes móbiles para absorber os movementos bruscos. Utilízanse na suspensión dos vehículos Máis información |
|
Ultrasóns(Control e Robótica)É un son de frecuencia superior a 20000 Hz que non pode ser percibido polo ser humano, aínda que si poden percibilo algúns animais. Utilízase para facer sensores ultrasónicos que utilizan os robots para detectar a presenza de obxectos. Utilízanse tamén nos aparellos para facer ecografías. Máis información |
|
Cambra(Electricidade)Contracción espasmódica e dolorosa dun músculo cando se somete un corpo á acción dunha corrente eléctrica. |
|
Ferruxe(Materiais)Óxido férrico hidratado de cor parda e vermella que se forma sobre o ferro exposto á humidade. |
|
Aceiro(Materiais)Metal férreo. Ten unha gran resistencia mecánica, é máis duro có ferro, solda con facilidade e está composto por unha mestura de ferro e carbono, cunha composición de ata un 1,76% de carbono. |
|
Trollo(Ferramentas)É unha ferramenta que consiste nunha folla metálica cunha agarradoira. Utilízase para aplicar morteiro ou xeso sobre unha parede. |
|
Ferro coado(Materiais)Metal férreo composto por unha mistura de ferro e carbono nunha proporción entre 1,76 e 4,5% e que é menos resistente có aceiro. Chámase tamén fundición. |
|
Liñas de cota(Debuxo técnico)Utilízanse nos debuxos técnicos. Son liñas paralelas á aresta que se quere acoutar e de lonxitude igual a ela. Sitúase no exterior da figura. |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Páxina 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número