Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 Páxina 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Eixe(Mecánica)Un eixe é un elemento mecánico que se emprega como soporte de pezas xiratorias pero non transmite ningún esforzo de torsión. Coñécese tamén como eixo. |
|
Aeroxerador(Enerxía)Un aeroxerador é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Os aeroxeradores coñécense tamén popularmente co nome de virandelos. Constan principalmente dun rotor que capta a enerxía do vento, unha multiplicadora que aumenta a velocidade de rotación e un xerador que produce enerxía eléctrica a partir da enerxía mecánica. Máis información |
|
Condutividade eléctrica(Electricidade)É a capacidade dun material para permitir o paso da corrente eléctrica. Canto maior sexa a condutividade dun material, menor será a resistencia que opón ao paso da corrente. |
|
Parafuso de banco(Ferramentas)É una ferramenta que serve para suxeitar firmemente pezas ou compoñentes aos que se lles quere aplicar algunha operación mecánica. É un conxunto metálico moi sólido e resistente que ten dúas mordazas, unha delas é fixa e a outra ábrese e cérrase cando se xira mediante unha panca un parafuso de rosca cadrada. |
|
Sarxento(Ferramentas)É unha ferramenta que serve para suxeitar firmemente dúas ou máis pezas que van ser mecanizadas ou pegadas entre si. Utilízase tamén para suxeitar firmemente a peza na que vaiamos traballar sobre o banco ou mesa de traballo. En xeral, o seu mecanismo baséase en dúas mandíbulas unidas por unha guía que son as que premen as pezas. A presión conséguese mediante a utilización dun parafuso nunha delas ou nas dúas. |
|
GPS(Comunicación)GPS (lido 'gue-pe-ese') ou Sistema de Posicionamento Global é un Sistema Global de Navegación por Satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de respaldo) que están en órbita. Máis información |
|
Enerxía(Enerxía)Capacidade dun sistema físico para producir un traballo. Pode manifestarse de distintas formas: mecánica, eléctrica, calorífica, radiante, química, etc. A maioría das máquinas e sistemas técnicos requiren de enerxía para funcionar, e cómpre que teñan un bo rendemento para que se aproveite ao máximo e se gaste menos. |
|
Arame(Materiais)Todo tipo de fío fino que é obtido por trefilado ou polo alongamento de metais diferentes segundo a propiedade de ductilidade. Os principais son de aceiro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. |
|
Fouciño(Ferramentas)Instrumento de labranza de folla grosa e forte co mango máis pequeno có da fouce, que se utiliza para rozar. "Apañou o toxo co fouciño." SIN. fouce, gadaño. CF. podón. |
|
Cascallo(Informatica)Cascallo son lascas de pedra miúdas ou escouras de ferro, pero cando un ordenador non funciona ou é moi lento chamámoslle cascallo. |
|
Porta lóxica(Electrónica)En electrónica dixital, circuíto integrado cunha ou varias entradas e unha soa saída de xeito que só se activa esta cando se cumpren determinadas condicións nas entradas. Realizan as funcións lóxicas e son a base dos circuítos dixitais. Máis información |
|
Reciclaxe(Materiais)A reciclaxe é a transformación dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria pode utilizar de novo. A reutilización refírese ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos. Máis información |
|
Forcada(Ferramentas)Instrumento de traballo agrícola con tres ou catro dentes. "Meteu a herba na palleira coa forcada." |
|
Alicerces(Estruturas e Arquitectura)Alicerces ou cimentos, tamén chamados cimentación ou fundación, é o conxunto das estruturas utilizadas para transmitiren as cargas da construción ao solo. Máis información |
|
Trabe(Estruturas e Arquitectura)Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar. Máis información |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 Páxina 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número