Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 Páxina 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Proxecto(Tecnoloxía)Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que teñen como fin acadar un obxectivo dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos. A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do mesmo. |
|
Administrador de tarefas(Informática)O administrador de tarefas é un programa informático que se utiliza para proporcionar información sobre os procesos e programas que se están a executar na computadora e a súa situación xeral. Pode usarse para rematar procesos, comprobar o uso destes procesos na CPU, así coma rematar programas e cambiar a propiedade entre procesos. |
|
Coitelo(Ferramentas)Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas. |
|
Computador(Informática)Un ordenador, computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. |
|
Cravo(Mecánica)Pequena barra de metal rematada en punta e cunha cabeza no extremo oposto que se usa para unir pezas. O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Máis información |
|
Porto USB(Informática)O Universal Serial Bus ou Universal Serial Driver (USC), comunmente abreviado USB é unha porta utilizada para conectar periféricos a un ordenador. Foi creado en 1996 por sete empresas: IBM, Intel, Northern Telecom, Compaq, Microsoft, Digital Equipment Corporation e a NEC. |
|
Mensaxe(Comunicación)Unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de comunicación precisas, que é enviada dun emisor a un receptor por medio dunha canle que serve de soporte físico de transmisión. Máis información |
|
Escuadro(Debuxo técnico)Instrumento, xeralmente de metal ou madeira, con forma de triángulo rectángulo, que serve para trazar e medir ángulos rectos. |
|
Luvas(Ferramentas)Vestimenta que cobre a man, o puño e parte do antebrazo. Pode ter protección en aceiro inoxidable que protexe as mans contra cortes. |
|
Metroloxía(Tecnoloxía)A metroloxía é a ciencia da medida. Ten coma obxectivo o estudo dos sistemas de medida en calquera campo da ciencia e da tecnoloxía. Máis información |
|
Cisallamento(Estruturas e Arquitectura)Esforzo que soportan as estruturas cando están sometidas a forzas que actúan paralelamente á súa sección e en sensos contrarios que tenden a cortala, é dicir, tenden a desprazar unha sección con respecto á outra. |
|
Orzamento(Tecnoloxía)Cálculo do custe dun proxecto ou obra, que se reflicte nun documento. |
|
Videoxogo(Informática)Os videoxogos son programas informáticos de carácter lúdico utilizados en ordenadores ou videoconsolas. Poden ser de moitos tipos. Máis información |
|
Ferralla(Materiais)Conxunto de obxectos de ferro, folla de lata, etc., vellos e usados e que se destinan á reciclaxe. |
|
Ferraxe(Instalacións)Conxunto de elementos mecánicos de apertura e pechamento de portas e ventás. |
|
Anterior · 1 2 3 4 Páxina 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número