tecnoloxia.org

Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.

Listaxe de termos.

Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade

Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]

Anterior · 1 2 Páxina 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número

Todas  A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z
&imaxe

Interruptor Xeral Automático (IXA)

(Instalacións)

Dispositivo de protección das instalacións eléctricas contra curtocircuítos ou contra sobrecargas.
Ten coma finalidade interromper o subministro de enerxía eléctrica a toda a instalación.


&imaxe

Grade

(Ferramentas)

Este aparello de labranza en forma de rella grande, de madeira ou de ferro, con dentes na parte interior, serve para achaiar a terra e desfacer terróns.
Actualmente as grades son moi distintas as antigas. Son de metais e de moito maior tamaño; tamén son moito máis pesadas e van enganchadas aos tractores. As antigas, a diferenza das modernas, eran tiradas por vacas, bois ou cabalos.


&imaxe

Cadro xeral de protección e mando

(Instalacións)

Conxunto de aparellos, centralizados nunha caixa ou pequeno armario, especialmente deseñado e calculado para a protección de persoas, instalacións e receptores de calquera fallo que se produzan nunha instalación.


&imaxe

Grampadora

(Ferramentas)

Instrumento ou ferramenta que serve para unir con grampas.


&imaxe

Compás

(Tecnoloxía)

Instrumento que serve para a orientación no que están representados os puntos cardinais, cunha agulla que indica a dirección norte.
Ten o seu fundamento na propiedade das agullas magnetizadas de orientarse na dirección do campo magnético terrestre.


&imaxe

Toma de Terra

(Instalacións)

Trátase dunha serie de cables condutores que teñen como misión proporcionar un camiño alternativo á corrente eléctrica en caso de que exista unha fuga ou un mal contacto, e reducir así o risco de electrocución.


&imaxe

Labra

(Fabricación)

É o material que se desprende o levar a cabo determinadas operacións de fabricación tales como o tradeado, o cepillado, etc.


&imaxe

Troiano

(Informatica)

Un troiano ou cabalo de troia é un programa informático considerado malicioso, xa que permite controlar unha máquina remotamente sen consentimento do usuario. Funciona cunha estrutura cliente-servidor; os troianos veñen como mínimo con dúas partes, unha a parte servidor e outra a parte cliente, tamén poden traer outros programas para configurar estes dous. A parte servidor colócase no ordenador que se quere controlar, e desde a parte cliente controlamos ao servidor.

Máis información
&imaxe

Ligazón

(Informatica)

En informática, unha ligazón é unha conexión mediante un hipervínculo que salta a outra páxina.

Máis información
&imaxe

Guindastre

(Mecánica)

Máquina composta dun brazo articulado sobre un eixe vertical xiratorio, e cunha ou varias poleas, que serve para mover ou erguer cargas pesadas.


&imaxe

Lector de tarxetas

(Informática)

Un lector de tarxetas de memoria é un dispositivo utilizado para ler e pasar os datos dunha memoria de tipo flash (SD, MMC, SM, etc) ao ordenador. Estes dispositivos poden ser tanto internos ou externos.


&imaxe

Placa nai

(Informática)

A placa base, placa nai, tarxeta nai (en inglés motherboard ou mainboard) é unha tarxeta de circuíto impreso á que se conectan as demais partes da computadora. Ten instalados unha serie de circuítos integrados, entre os que se atopan o chipset, que serve como centro de conexión entre o procesador, e outros dispositivos.

Máis información
&imaxe

Encamiñador

(Informática)

O enrutador (calco do inglés router), direccionador, ruteador ou encamiñador é un dispositivo para a interconexión de redes informáticas que permite asegurar o enrutamento de paquetes entre redes ou determinar a mellor ruta que debe tomar o paquete de datos.

Máis información
&imaxe

Contrasinal

(Informática)

Sinal que leva certa palabra o número para identificala ou diferenciala doutras e en especial, signo (palabra, frase, etc.) usado por dúas ou máis persoas para se identificaren entre si ou como sinal de algo.


&imaxe

Randeeira

(Estruturas e arquitectura)

Estrutura que consta dun asento suspendido sobre dúas cordas ou cadeas penduradas dunha barra horizontal, que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás.


Anterior · 1 2 Páxina 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número