Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Perspectiva cabaleira(Debuxo técnico)A perspectiva cabaleira consta de dous eixes colocados de forma ortogonal, é dicir, perpendiculares, e un terceiro inclinado, que é o que nos dá a idea de profundidade. O alzado da peza mantén as súas dimensións. |
|
Cable de rede(Comunicación)Un cable de rede é un cable que serve para conectarse a Internet ou para conectar varios ordenadores entre si. Este cable utiliza un conector RJ-45. |
|
Axustes fixos(Mecánica)Elementos que se empregan para unir eixes ou árbores de transmisión longas enlazadas de forma permanente.As árbores teñen que estar perfectamente centradas e teñen que ser resistentes. |
|
Freo de cinta(Mecánica)Consta dunha cinta metálica que fai presión nun tambor instalado no eixe que se desexa frear. Funciona por fricción ou rozamento. |
|
Portos de Comunicación(Informática)A través deles viaxan os datos da operación que queremos realizar. Hai portos en serie (transmítese a información bit a bit, polo que é o máis lento), paralelo (os datos viaxan por grupos, polo que é máis rápido) e portos USB (os máis rápidos). |
|
Voltaxe(Electricidade)A tensión ou voltaxe (V), é a enerxía por unidade de carga que proporciona unha pila ou fonte de alimentación. Mídese en Voltios (V) e mídese co voltímetro. Máis información |
|
Freo de disco(Mecánica)Consta dunhas pastillas e un disco instalado no elemento que se desexa frear. Funciona pola fricción ou rozamento das pastillas cando fan presión no disco. |
|
Empenamento(Estruturas e Arquitectura)Esforzo combinado de compresión e flexión. |
|
Parafuso sen fin(Mecánica)Denomínase parafuso sen fin a unha disposición que transmite o movemento entre eixes que están nun ángulo recto. Cada vez que o parafuso sen fin dá unha volta completa, a engrenaxe avanza un dente. |
|
Piñon-Cremalleira(Mecánica)É un mecanismo formado por unha roda dentada que engrena cunha barra tamén dentada. Este mecanismo transforma o movemento circular da roda en rectilíneo da cremalleira ou viceversa. Utilízase para dar movemento a carros de maquinas, a bandexas de un lector de CD, ao eixe principal dun trade, etc. |
|
Fío Musical(Comunicación)Sistema transmisor de emisións de radio, musicais fundamentalmente, a través das liñas telefónicas. |
|
Buxía(Electricidade)Unha buxía é un dispositivo que ao serlle aplicada unha grande diferenza de potencial (da orde dos 20000 voltios) produce unha faísca, que provoca a inflamación dunha mestura combustíbel nun motor a explosión. Máis información |
|
Desaparafusador(Ferramentas)É unha ferramenta que se utiliza para introducir ou extraer tirafondos ou parafusos que teñen rañura en estrela ou recta en distintos materiais. |
|
Forxa(Materiais)A forxa é o lugar de traballo do ferreiro ou forxador, ou arte que consiste en dar forma ao metal por medio do lume e do martelo. |
|
Fonte de alimentación(Electrónica)Na electrónica, unha fonte de alimentación é un dispositivo que converte a tensión alterna da rede de subministro, nunha ou varias tensións, practicamente continuas, que alimentan os distintos circuítos do aparello electrónico ao que se conecta (ordenador, televisor, impresora, router, etc.) |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número