Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 Páxina 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número
Sinal(Tecnoloxía)Cantidade dunha magnitude eléctrica, acústica, óptica, etc., que pode empregarse para transportar información relativa a comunicacións, control, datos, cálculos, etc. |
|
Regreta de conexións(Electricidade)Conxunto de contactos metálicos illados electricamente entre si, perforados e provistos dun parafuso e montado sobre un material illante (plástico). Emprégase en instalacións eléctricas para realizar conexións entre cables de xeito doado. |
|
Mesa de mesturas(Electrónica)Conxunto de canais e amplificadores onde se trata o sinal procedente de diferentes micrófonos ou liñas, procedendo a subministrar saídas agrupadas ou individuais. Máis información |
|
Panferra(Ferramentas)Rapa. Ferramenta con mango de madeira e corpo metálico plano que serve para tirar os percebes da rocha. |
|
Obradoiro(Tecnoloxía)Un obradoiro é un taller artesanal, ou un lugar onde traballa un artesán. A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela fai alusión ao taller de canteiros que traballaban para construír a catedral. |
|
Teléfono móbil(Comunicación)Un teléfono móbil é un dispositivo de comunicación electrónico portátil que non require cables condutores para a súa conexión á rede telefónica. Conéctanse coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Ademais da comunicación por voz, pode incluír outras funcións como cámara fotográfica e de vídeo, mensaxes, reprodutor de mp3, acceso a internet, GPS, etc. |
|
Realidade virtual(Tecnoloxía)A realidade virtual é un sistema tecnolóxico baseado no emprego de ordenadores e outros dispositivos (gafas especiais, auriculares, traxes con sensores, etc.) que producen unha aparencia ficticia de realidade e que permite ao usuario ter a sensación de estar presente nela. |
|
Máscara de rede(Informática)Conxunto de bits que serve para delimitar o ámbito dunha rede de computadoras. Especifica os bits dun enderezo IP que corresponden a unha mesma rede. |
|
Tecnoloxía(Tecnoloxía)A Tecnoloxía defínese como o conxunto de coñecementos e técnicas que, aplicados de forma lóxica e ordenada, permiten ao ser humano modificar a súa contorna material ou virtual para satisfacer as súas necesidades ou resolver problemas. A actividade da tecnoloxía é, mediante o método de proxectos, o deseño, creación e construción de obxectos e sistemas para poñelos a disposición da sociedade. Máis información |
|
Ingre(Ferramentas)Ingre tamén recibe en galego o nome de bigornia. No dicionario e-estraviz aparece bigorna, e como sinónimo safra/zafra, que é unha peza metálica maciza que se utiliza como soporte para traballar os metais. Meu pai que é fillo de ferreiro de Ferreiravella en Riotorno (Lugo) utilízaa amplamente. Poño unha foto dun mazo en Ferreiravella (case non se ve a ingre) A foto foi feita por un fotógrafo Alemán chamado Walter Ebelling que estivo por GZ a comezos do século XX e fixo moitas fotos do norte de Lugo. Hai anos fixemos unha exposición no noso cole (Navia de Suarna) coas súas fotos. Nesta ligazón podes ver unha poucas Máis información |
|
Rede de saneamento(Instalacións)Conxunto de condutos, canalizacións, conexións e outros dispositivos empregados para conducir as augas residuais e pluviais dun edificio á rede de sumidoiros pública ou a unha instalación particular de tratamento de augas. |
|
Brosa(Ferramentas)É unha ferramenta que serve para cortar leña. Está formada por unha folla grosa, polo xeral en forma de trapecio, con gume por un lado e unida a un mango de pau. Este nome utilízase na zona norte de Lugo e de A Coruña. Noutras zonas chámaselle machada. |
|
Taboleiro(Materiais)Prancha de madeira que presenta unha superficie plana e lisa e que se constrúe unindo táboas. |
|
Aixada(Ferramentas)Instrumento de labranza formado por unha pa de ferro colocada perpendicularmente ao mango nun dos seus cabos. Serve para cavar ou remexer a terra. Pódense facer furados para plantar árbores e tamén podemos facer regos con ela. Un tipo de aixada é o sacho, que normalmente é un pouco máis pequeno. |
|
Tarxeta gráfica(Informática)Compoñente informático encargado de procesar os datos de imaxe procedentes da CPU e transformalos en información representable nunha pantalla ou monitor para a súa visualización. |
|
Anterior · 1 Páxina 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por número