Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Páxina 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade
Cravo(Mecánica)Pequena barra de metal rematada en punta e cunha cabeza no extremo oposto que se usa para unir pezas. O normal é chantar os cravos na peza coa axuda dun martelo ou unha pistola de cravos pneumática. Máis información |
|
Pina(Mecánica)Nunha roda a pina ou lamia é a parte metálica sobre a que se monta o pneumático. Por exemplo: Este coche ten as pinas de aliaxe. |
|
Billa(Mecánica)Cano con chave para abrir ou pecha-la saída dun líquido. |
|
Chumaceira de bólas(Mecánica)Peza metálica ou de madeira con rosca na cal descansa ou vira calquera eixe e cuxa función é evitar a fricción. A chumaceira está formada por dous cilindros concéntricos entre os que se colocan bólas. Tamén se di do rebaixe no que se fixa un remo nunha barca. |
|
Guindastre(Mecánica)Máquina composta dun brazo articulado sobre un eixe vertical xiratorio, e cunha ou varias poleas, que serve para mover ou erguer cargas pesadas. |
|
Aparello(Tecnoloxía)Conxunto organizado de pezas que cumpre unha función determinada. Exemplos: ordenador, trade, etc. |
|
Enxeñería(Tecnoloxía)A enxeñería ou enxeñaría aplica o coñecemento científico e técnico para solucionar problemas prácticos. Os enxeñeiros/as usan a imaxinación, o xuízo, a razón e a experiencia para aplicar a ciencia e a tecnoloxía á resolución de problemas para a satisfacción das necesidades sociais. O resultado constitúeno o deseño, a produción e o uso de obxectos útiles ou procesos. Máis información |
|
Enxeñaría inversa(Tecnoloxía)Metodoloxía que permite obter información dun sistema dispoñible para o público, pero do que non se coñece nin como nin con que está feito, nin o que o fai funcionar ou como foi fabricado. |
|
Circuíto(Tecnoloxía)Un circuíto, en xeral, é unha interconexión de dispositivos percorridos por un fluído común (circuíto eléctrico, circuíto electrónico, hidráulico, pneumático etc.) |
|
Orzamento(Tecnoloxía)Cálculo do custe dun proxecto ou obra, que se reflicte nun documento. |
|
Metroloxía(Tecnoloxía)A metroloxía é a ciencia da medida. Ten coma obxectivo o estudo dos sistemas de medida en calquera campo da ciencia e da tecnoloxía. Máis información |
|
Proxecto(Tecnoloxía)Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que teñen como fin acadar un obxectivo dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos. A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do mesmo. |
|
Compás(Tecnoloxía)Instrumento que serve para a orientación no que están representados os puntos cardinais, cunha agulla que indica a dirección norte. Ten o seu fundamento na propiedade das agullas magnetizadas de orientarse na dirección do campo magnético terrestre. |
|
Tecnoloxía(Tecnoloxía)A Tecnoloxía defínese como o conxunto de coñecementos e técnicas que, aplicados de forma lóxica e ordenada, permiten ao ser humano modificar a súa contorna material ou virtual para satisfacer as súas necesidades ou resolver problemas. A actividade da tecnoloxía é, mediante o método de proxectos, o deseño, creación e construción de obxectos e sistemas para poñelos a disposición da sociedade. Máis información |
|
Realidade virtual(Tecnoloxía)A realidade virtual é un sistema tecnolóxico baseado no emprego de ordenadores e outros dispositivos (gafas especiais, auriculares, traxes con sensores, etc.) que producen unha aparencia ficticia de realidade e que permite ao usuario ter a sensación de estar presente nela. |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Páxina 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade