Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego.
Listaxe de termos.
Para calquera suxesión ou corrección dos datos engadidos escribide un comentario no post da actividade
Ordear por · [data] · [alfabético] · [especialidade]
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade
Cadro xeral de protección e mando(Instalacións)Conxunto de aparellos, centralizados nunha caixa ou pequeno armario, especialmente deseñado e calculado para a protección de persoas, instalacións e receptores de calquera fallo que se produzan nunha instalación. |
|
Interruptor Xeral Automático (IXA)(Instalacións)Dispositivo de protección das instalacións eléctricas contra curtocircuítos ou contra sobrecargas. Ten coma finalidade interromper o subministro de enerxía eléctrica a toda a instalación. |
|
Aliaxe(Materiais)Unha aliaxe é unha mestura homoxénea ou unha disolución sólida dun metal con outros elementos que conserva o aspecto e as propiedades dun metal. Porén, as propiedades mecánicas tales como a dureza, ductilidade, tenacidade, etc poden ser moi diferentes das dos metais puros, e de aí o seu interese industrial. Exemplos: Aceiro (ferro e carbono), Bronce (cobre e estaño), Latón (cobre e cinc) Máis información |
|
Maleabilidade(Materiais)É a facilidade que presentan algúns materiais para se estender en láminas cando son comprimidos. Materiais como os plásticos ou o vidro, nun estado pastoso como consecuencia de lles aplicar calor, ou mesmo ferro candente, son facilmente maleables. Un exemplo de material laminado de uso cotián é o papel de aluminio. Máis información |
|
Fusibilidade(Materiais)É a capacidade que teñen os materiais de pasar do estado sólido ó líquido. Os metais puros funden a unha temperatura determinada, chamada punto de fusión. As aliaxes, dependendo da súa composición, poden fundir nun rango de temperaturas. |
|
Formigón(Materiais)É unha mestura de grava, area, auga e cemento, que fragua e torna dura. Ofrece unha gran resistencia á compresión. A súa densidade é variable e adhírese ao aceiro, co que se obtén o formigón armado. Pode utilizarse como aglomerante para a construción de pontes, estruturas, vigas e beirís. Máis información |
|
Folla de Lata(Materiais)A Folla de Lata é un produto laminado plano de aceiro revestido cunha capa de estaño. É un material ideal para a fabricación de envases de metal, porque combina a resistencia mecánica e conformidade do aceiro coa resistencia á corrosión do estaño. |
|
Forxa(Materiais)A forxa é o lugar de traballo do ferreiro ou forxador, ou arte que consiste en dar forma ao metal por medio do lume e do martelo. |
|
Ferruxe(Materiais)Óxido férrico hidratado de cor parda e vermella que se forma sobre o ferro exposto á humidade. |
|
Ferro coado(Materiais)Metal férreo composto por unha mistura de ferro e carbono nunha proporción entre 1,76 e 4,5% e que é menos resistente có aceiro. Chámase tamén fundición. |
|
Aceiro(Materiais)Metal férreo. Ten unha gran resistencia mecánica, é máis duro có ferro, solda con facilidade e está composto por unha mestura de ferro e carbono, cunha composición de ata un 1,76% de carbono. |
|
Azulexo(Materiais)É unha peza de cerámica de pouca espesura, xeralmente cadrada, en que unha das faces é vidrada. O azulexo é xeralmente usado en revestimento de superficies interiores ou exteriores polo seu valor decorativo e máis polas súas características termoillantes e impermeabilizantes. |
|
Madeira(Materiais)A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido do tronco das plantas leñosas. A súa utilización na ebanistería para a fabricación de mobles é unha das máis expandidas, o mesmo que a súa utilización na carpintería para construción de diversas estruturas, como navíos. É un material illante da electricidade e da calor. Existen diversos tipos de derivados da madeira moi utilizados: aglomerado, contrachapado, tablex, DM, etc Máis información |
|
Cortiza(Materiais)A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira e dalgunhas outras árbores. Úsase para revestimento de paredes, chans, etc. Máis información |
|
Ductilidade(Materiais)É a capacidade dalgúns materiais de transformárense en fíos cando se estiran. Os plásticos e algúns metais, coma o ouro, o aluminio e o cobre, son materiais dúctiles. Máis información |
|
Anterior · 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Páxina 11 12 13 14 15 · Seguinte
Listadas 15 dun total de 212 ordeadas por especialidade