Historia da tecnoloxía
… en masculino ;-)

… en masculino ;-)

Vía Microsiervos atopei información sobre o primeiro prototipo de cámara fotográfica dixital da historia. É o que podes ver na imaxe:
O prototipo é de Steve Sasson, enxeñeiro de Kodak que en 1975 xa tiña lista esta cámara que funcionaba sen partes móbiles, na que utilizou un gravador de datos dixital en casete, un CCD, un convertedor analóxico/dixital sacado dun voltímetro dixital e varias ducias de circuítos impresos.
As imaxes tomadas tiñan 100 liñas de resolución, gardábanse en casetes e visualizábanse nun televisor previa colocación do casete nun reprodutor especialmente deseñado para esta cámara.
Dende logo que non era unha cámara como as de agora para levar no peto, pero marcou o inicio da fotografía dixital.
Nunha sociedade na que dada vez hai máis tecnoloxía de “usar e tirar” é de agradecer que aparezan iniciativas como “No lo tiro, te lo doy“.
É un sitio web onde a xente ofrece ó público as cousas que xa non quere ou non necesita para que as recolla outra xente á que lle podan ser de utilidade. Tamén calquera pode pedir cousas que necesita, por se hai alguén que as teña e non as quera.
Non se trata de intercambio nin de compra, só é doazón altruísta. Por que vas comerciar con algo que tiñas pensado tirar?
Cisco Binary Game é un xogo no que tes que facer conversións de binario a decimal e viceversa.
Saberías dicir cal é a mensaxe agochada neste graffiti?
Utiliza o código ASCII para descifralo.

Como é o teu nome en binario?
Un compañeiro de tecnoloxía, Jose Luis Martín, solicítanos axuda para atopar aos autores e autoras dunha mensaxe enviada polo aire. Os globos voaron dende algún lugar de Galiza ata a copa dun piñeiro de Miguel Ibáñez, na provincia de Segovia (está marcado no mapa cunha cruz vermella)
Ás persoas que atoparon a mensaxe lles gustaría que os nenos e nenas que o soltaron ao aire soubesen o lugar onde chegou, así que solícitase a axuda de calquera persoa que poida difundir esta mensaxe entre os colexios galegos.
En Autodidacta atopamos titoriais de informática básica feitos en banda deseñada, listos para baixar en lingua castelá en formato pdf, baixo licenza Creative Commons.

O primeiro volume (Ciberia Vol.1) recompila información sobre hardware, software e a interfaz gráfica de usuario.
Tamén atopamos outros monográficos:
Lights Out é un xogo que consiste en intentar apagar tódalas luces do taboleiro, coa dificultade de que cando clicas co rato en cada lámpada non só cambia ela de estado, senón tamén tódalas que están ó redor.
Se es capaz de estar un bo rato intentando apagar estas lámpadas daraste de conta do fácil que é apagar a luz da aula ou da túa habitación cando marchas, así que non tes escusa ;-)
(visto en www.14juegos.com)