tecnoloxia.org

As máquinas de Kristoffer Myskja

Dando unha volta por designboom.com atopei a Kristoffer Myskja, un artista noruegués que non deixa indiferente a ninguén cos seus orixinais autómatas.

Dádevos unha volta pola súa web, onde podedes ver fotos e vídeos do seu traballo, entre eles unha orixinal máquina de fumar, que supoño que necesitará saltarse a lei antitabaco para ser exposta na sala dun museo. Non vos perdades o vídeo.

cig4.jpg

Ten outras interesantes obras, nas que xoga co son, coa mecánica e coa electrónica.

kristoffermyskja1.jpgkristoffermyskja3.jpg
kristoffermyskja4.jpgkristoffermyskja2.jpg

votar

Baile de escavadoras

Os “enxeñeiros de varanda” saben atoparlle ben á beleza ás máquinas de construción e ás súas obras, seguindo a transformación dun espazo día a día. Sen embargo o resto dos mortais soen ver estes traballos con incomodidade e desprezo.

Anne Troake axúdanos a ver a maquinaria pesada con outros ollos. Disfrutade deste baile de retroescavadoras:


[youtube: Pretty Big Dig]

Observar a maquinaria pesada e o seu traballo axúdanos a aprender mecánica, pneumática, hidráulica, estuturas, materiais, … Non te queimes coas obras do planE, disfruta delas!

(Visto en Make)

votar

Sensorama Machine: Realidade virtual en 1957

Lendo vellos artigos de neoteo.com atopeime coa primeira experiencia de realidade virtual * da historia. Non foi hai un par de décadas, como poderiamos pensar, senón hai máis de 50 anos.

Trátase de Sensorama Machine, de Morton Heilig, un dispositivo capaz de reproducir películas de cine en 3D que reproducía son estéreo mediante dous altofalantes, vibracións, a sensación de vento e ata algúns cheiros. Unha das primeiras películas que se proxectaron na máquina Sensorama consistía nunha viaxe en bicicleta ao longo e ancho dalgunhas rúas de Manhattan.
Podes ver aquí a pantente #3,050,870

Sensorama

Nunha época na que moi pouca xente tiña televisión en cor e non existían os efectos especiais, animacións e os xogos de agora, a experiencia vivida en Sensorama Machine debeu ser impactante.

Podes ver o artigo completo en neoteo.com, no que nos amosan outros inventos de realidade virtual da época.

votar

A máquina máis inútil do mundo

As máquinas que deseñamos e contruímos na ESO non é que sexan moi útiles, pois non son máis ca xoguetes, pero non pensedes que só nós facemos cousas desas. O outro día vin un deseño do máis orixinal, anque inútil segundo o seu título. A ver se serve de inspiración.

youtube: World’s Most Pointless Machine?

É que, co ben que se está alí dentro, non sei como se atreven a abrir a caixa só para incordiar. Hai xente que non sabe facer outra cousa que molestar ;-)

(Visto en perlas.mangasverdes.es)

votar