
(Feito con bitstrips)
Ver outras viñetas: letrasgalegas
17 Maio 2013
1 Setembro 2012
O Science Museum de Londres é deses museos imprescindibles para toda persoa amante da ciencia e da tecnoloxía. Se ides a Londres non volo perdades!
Pero se estades a quilómetros de alí tedes a oportunidade de interactuar en vivo a través de Internet coas cinco instalacións do Laboratorio Web de Chrome no museo.
[youtube: WebLab (Beta)]
Abre o teu navegador Chrome e proba estas experiencias. A min as que máis me gustaron foron a Orquestra e o Sketchbot:
En colaboración con outros usuarios e usuarias de todo o mundo podemos facer música utilizando os instrumentos robóticos localizados no museo, que serán controlados remotamente por nós. Podemos elixir entre 7 instrumentos, sempre que non estean xa collidos, e dispoñemos de 6 notas para tocar. A melodía que se escoita é o resultado da combinación dos sons das persoas que están tocando no mesmo intre.
A aplicación utiliza tecnoloxía webshockets, que permite a comunicación simultánea entre varias persoas.
Sketchbot é unha instalación robótica capaz de debuxar caras en area. Desde a aplicación calquera usuario pode enviar unha imaxe do seu rostro utilizando unha cámara web. Esa imaxe convértese primeiro nun debuxo lineal e, de seguido, nunha serie de instrucións que o robot debe seguir para reproducilo sobre area. Podes seguir en directo a través de streaming como o robot vai debuxando a túa imaxe.
Para o desenvolvemento desta aplicación usouse Canvas e Web Workers.
Hai outras instalacións tamén curiosas:
O Teletransportador permítenos viaxar a outros lugares e observar o entorno en tempo real. Podemos visitar unha panadería en Carolina do Norte, o aeroporto en miniatura de Hamburgo ou un acuario de Suráfrica. É posible visualizar estes vídeos desde o noso navegador en tempo real grazas ás tecnoloxías WebGL e Vídeo HTML5.
Mediante o Rastreador de datos podemos descubrir o lugar de Internet no que está localizada unha imaxe elixida nun buscador. Funciona utilizando a ferramenta Traceroute, capaz de rexistrar os servidores polos que pasa un paquete de datos ata chegar ao seu destino final. Utiliza tamén WebGL para xerar contornos virtuais en 3D.
Cada persoa usuaria de Chrome WebLab recibe unha tarxeta que lle permite almacenar e recuperar as súas creacións. Mediante a aplicación Explorador de Tarxetas podemos ver as creacións dos visitantes. Para que o acceso á información de Internet resulte un proceso rápido e eficiente , Chrome incorpora o motor Javascript V8 e para amosar estes datos en pantalla utiliza as ferramentas Web Workers e ThreeJS.
Próbaas ti accedendo ao Chrome WebLab.
17 Maio 2012
16 Novembro 2011
Se tedes un pouquiño de tempo, recoméndovos escoitar a conferencia que Juan Freire deu o 9 de novembro na Libre Soft World Conference LSWC 2011
Fala do coñecemento aberto, do procomún, un modelo de produción e xestión no que as persoas partícipes comparten coñecementos, organizan a súa produción e xestionan as súas relacións colectivas de forma autónoma, e que funcionan de xeito independente ás institucións oficiais e aos mercados.
Non se trata de algo novo, senón que este modo de funcionar xa comezou na Idade Media. Porén, a tecnoloxía social que se está a estender desde hai anos (Internet, software libre, wikipedia, comunidades e redes sociais, etc) permite recuperar estes antigos modos de funcionar producindo coñecemento independente e libre.
[globbtv.com: LSWC'2011-Conocimiento abierto]
Para reflexionar: ata que punto pode chegar capacidade de transformación social, política e económica do coñecemento aberto?
Cando falamos de software libre, do traballo en rede, de colaborar e compartir en internet, estamos a falar de moito máis que de linux ou windows, copyright ou copyleft, pagar ou piratear, … a cousa é moito máis profunda, e supoño que chegará un tempo en que todas e todos o comprendamos e sexamos realmente conscientes da súa importancia.
(Vía: Conocimiento abierto o porqué el software libre se inventó en la Edad Media)
17 Maio 2011