… e as reticencias que xeneran.
Novas tecnoloxías …
7 Abril 2008
7 Abril 2008
5 Abril 2008
YouConvertIt é unha ferramenta on-line que converte calquera formato de arquivo multimedia (documentos, imaxes, audio, vídeo e arquivos) sen instalar nada no teu PC.
Tamén permíteche converter unidades.
A min paréceme moi interesante.
(Grazas Celestino pola información)
5 Abril 2008
Un colega dicíame o outro día que en Galicia non hai “feísmo“, senón moita creatividade dos seus habitantes. É un xeito de velo. O que para min está claro é que a arquitectura, a enxeñería e calquera intervención humana no territorio debe ser respectuosa con el.
Pois hoxe atopeime cun vídeo que fala precisamente diso. Corresponde a unha conferencia do coordinador do Proxecto Terra do C.O.A.G., D. Xosé Manuel Rosales Noves, na que resalta que a capacidade exemplarizante correspóndelle á Administración, e que non se debe responsabilizar do feísmo unicamente á cidadanía, como fai o xornal La voz de Galicia.
Podes ver aquí o vídeo do que falo:
[youtube: Feísmo]
O Proxecto Terra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de mellorar o coñecemento que os escolares deben ter sobre a nosa arquitectura e a identidade territorial.
3 Abril 2008
Os que tedes o voso blog aloxado en wordpress.com tivestes problemas para inserir arquivos de audio con deezer.com e con ivoon.com. Aquí tedes unhas alternativas:
Para inserir arquivos de audio en wordpress.com debedes escribir entre corchetes [audio=URL_do_arquivo_mp3]
A URL do arquivo de audio mp3 podedes collela de varios sitios, como por exemplo:
Tamén podedes subir os vosos arquivos de audio a:
Cando teñades a URL, xa podedes inserir o audio.
Aquí hai un exemplo dunha canción de Jamiroquai:
[audio=http://odeo.com/show/2185493/4/download/CannedHeat.mp3]
[audio=http://itsthedoc.net/images/Canned%20Heat.mp3]
A ver se agora vos vai.
25 Marzo 2008
Aquí tedes unha serie de ferramentas útiles para os vosos blogues. Danche espazo gratuíto para almacenar os teus arquivos.
Hai moitísimas, pero aquí están algunhas básicas. Máis adiante xa veremos outras. En todas elas xa está creada a conta para o alumnado, co mesmo nome de usuario e contrasinal de sempre:
Para subir fotografías:
![]()
Podédelas subir en calquera resolución, pero cando vaiades publicalas nun blog non vos excedades no ancho. Ata 450 píxeles está ben.
![]()
Neste sitio podes crear os teus álbumes de fotografías animados para o teu blog.
Para subir vídeos:

O sitio máis famoso é YouTube, pero hai moitos máis.
Para publicar documentos:
![]()
Estas ferramentas están moi ben se queres publicar presentacións de diapositivas, documentos de Open Office, ou pdfs.

Funciona coma un disco duro virtual, no que podes almacenar todo tipo de arquivos, sempre que non te excedas de 1 GB na súa versión gratuíta. Publicando no teu blog a URL do teu documento fas que a xente poda descargalo dende box.
Para poñer música no teu blog:
![]()
Podes seleccionar unha canción, subir os teus mp3 e engadir música nunha entrada do teu blog.
Aquí tes un exemplo: