A tecnoloxía comeza na túa cabeza

Imaxe obtida de sincita, colectivo que realiza intervencións en espazos abertos en Barcelona e varias cidades arxentinas, utilizando textos obtidos de foros, blogs e listas de correo. Defenden que a palabra que circula na web 2.0 permite producir pensamento, escribir e re-escribir na denominada internet social. Internet sae á rúa. (Grazas Chelucana pola foto)
“A tecnoloxía comeza na túa cabeza”
Que nos queren dicir con esta frase?
- “A Tecnoloxía só é importante cando temos unha idea, un plano de como usala” é un comentario da entrada en sincita.
- “Antes de conectar un circuíto hai que conectar as neuronas” é algo que lles digo ós meus alumnos e alumnas.
- “Sen creatividade, ideas, non é posible facer tecnoloxía” afirmamos as persoas amantes do deseño, da invención, da solución creativa dos problemas técnicos.
Admítense máis interpretacións …





A tecnoloxía rómpeche a cabeza, especialmente cando non funciona
“La tecnología (como el arte) comienza en tu cabeza. Con esto quiero decir: tecnología es también la imaginación que depositamos en la máquina, siendo la imaginación misma una tecnología insuperable.”
Sacado de http://cippodromo.blogspot.com.....-real.html