Blogue


En globo dende Galicia ata Segovia

Búscase colexio galego que enviou unha mensaxe en globo o día da paz!

17032008(001)Un compañeiro de tecnoloxía, Jose Luis Martín, solicítanos axuda para atopar aos autores e autoras dunha mensaxe enviada polo aire. Os globos voaron dende algún lugar de Galiza ata a copa dun piñeiro de Miguel Ibáñez, na provincia de Segovia (está marcado no mapa cunha cruz vermella)

Ás persoas que atoparon a mensaxe gustaríalles que os nenos e nenas que o soltaron ao aire soubesen o lugar onde chegou, así que solícitase a axuda de calquera persoa que poida difundir esta mensaxe entre os colexios galegos.

mapa-segovia
Visualizar o mapa ampliado

5 comentarios a “ En globo dende Galicia ata Segovia ”

  1. > Mensaxe de Alberto

    que historia mais fermosa! espero que atopedes aos nenos que enviaron a mensaxe. van flipar cando saiban ata onde chegou

  2. > Mensaxe de mercedes

    O noso cole enviou globos o día da Paz, e tamen varios colexios de Pontevedra cidade. Pero esa imaxe en concreto non me soa que sexa do noso alumnado.
    Que teñades sorte e atopedes os autores. Se é asi poñede mensaxe para que podamos saber o percorrido do globo.
    Bicos galegos para Jose Luis e os seus compañeiros e alumnado.

  3. > Mensaxe de Ana

    No colexio do meu fillo enviaron mensaxes en globo o día da paz. Voulle preguntar á profesora por se sabe algo.
    Sería moi bonito que atopárades aos nenos que o enviaron. Moita sorte.

  4. > Mensaxe de María L

    Xa atopamos o colexio:
    http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=87

  5. > Mensaxe de Xesús

    Está ben esa historia


Deixa un comentario: