Blogue


Mars Science Laboratory: Misión robótica en Marte

robot_marte.jpg A exploración robótica de Marte continúa!

En outono do 2011 un novo robot será enviado ao planeta vermello para estudar a habitabilidade do seu ambiente, o seu clima, a súa xeoloxía e prepararse para a exploración humana nun futuro.

Queres participar na misión?

Hoxe é o último día para votar o nome do robot entre unha serie de finalistas.

Se non te enteras a tempo, tamén podes participar enviando o teu nome a Marte, do mesmo xeito que xa fixemos co satélite Glory. Será gravado nun microchip xunto co resto de participantes.

Eu xa enviei o meu: (Grazas, Capitán Nemo, por informar)

certificado_marte2.jpg

Pero o máis interesante é coñecer a tecnoloxía que fai posíbel a exploración marciana.

Na web Mars Science Laboratory podes coñecer como son os sistemas de propulsión e aterraxe, as telecomunicacións, o software, a movilidade autónoma do robot, os materiais preparados para soportar condicións extremas, a instumentación necesaria para a investigación, etc.
Lembra que se non se che dá moi ben o inglés sempre podes botar man dun tradutor, pero non deixes de informarte.

2 comentarios a “ Mars Science Laboratory: Misión robótica en Marte ”

  1. > Mensaxe de Mario García

    Ola María,
    gústame moito o novo pulo que lle diches a esta info. Moi completa! Saúdos
    Mario

  2. > Mensaxe de María L

    Grazas Mario. Es ti o “Capitán Nemo”? Parabéns polo teu blogue. Gústame!


Deixa un comentario: