Blogue


O timo dos purificadores de auga

Hoxe vai un off-topic, pois non vou falar de tecnoloxía, senón de química. O post saíume un pouco longo, pero non quería deixar fóra detalles.

Isto vén a conto da visita á miña casa dun comercial dunha empresa de purificadores de auga, que se ofreceu a analizar a auga de consumo da miña vivenda e facer una demostración da súa pureza. Nunca recibo vendedores a domicilio, pero neste caso tiña curiosidade polo que ían contar xa que soábame que había un timo por alí agochado.

Recoñezo que a química téñoa bastante esquecida, pero non o suficiente para darme de conta do fraude da demostración. Isto foi o que pasou:

A preparación

Despois da presentación, o comercial pediunos 4 vasos de auga.

1 – Auga da traída.
A auga da traída vén clorada para desinfectala e evitar a proliferación de microorganismos patóxenos. Este cloro atópase na auga en forma iónica Cl- ou combinado con outros elementos, sobre todo hipocloritos ClO-.

2 – Auga purificada
Tratou a auga da billa mediante un trebello de osmose inversa que levaba nunha maleta, similar ao da imaxe:
osmosis_trebello.jpg

A osmose inversa é un proceso físico que consiste en facer pasar auga a través dunha membrana semipermeable dende unha solución máis concentrada a unha menos concentrada mediante a aplicación de presión. As sales en disolución quedan retidas na membrana.
osmosis.jpg

3- Auga fervida
Ao ferver a auga da traída, a auga pura evapórase e aumenta a concentración de sales en disolución.

4- Auga mineral
Contén moitas sales en disolución, como poden ser sales de sodio, magnesio, calcio, etc.. Podédelo ver no etiquetado das botellas.

Unha vez colocados os vasos enriba da mesa comezou a festa.

Cloro canceríxeno?

O primeiro que soltou foi que o cloro da auga é tóxico, provoca cancro e infinidade de enfermidades. A intención non é outra que asustar á xente sobre o consumo de auga da traída.

sal.jpgVaia! Entón ollo con botarlle sal á comida. O sal común é cloruro de sodio, NaCl, que ao disolverse na auga sepárase nos ións Cl- e Na+. Como pode dicir que o cloro canceríxeno?

O que si é tóxico é o gas cloro Cl2, pero non é precisamente gas cloro o que atopamos na auga que temos na casa.

En referencia ao cloro da auga, non está demostrado cientificamente que os compostos derivados provoquen cancro, anque algúns xornais publicasen artigos sensacionalistas dicindo que si. O que si está demostrado é a súa eficacia na desinfección da auga, e hai que ter en conta que as augas urbanas están sometidas a estritos controis de calidade periódicos.

Eses horribles electrólitos

Despois de poñer ao cloro coma un veleno que debíamos evitar a toda costa se non queríamos morrer de cancro dixo que ía determinar a cantidade que levaba cada un dos vasos que había enriba da mesa.

conductivimetro.jpgO primeiro que fixo foi utilizar un condutivímetro.

Como o seu nome indica, mide a condutividade da disolución, e determina así a concentración de electrólitos que contén en ppm (partes por millón)
Os electrólitos son ións, que ao ser partículas cargadas responden cando aplicamos unha diferencia de potencial. Canto maior sexa a concentración de sales maior condutividade terá a auga.
Esta sales poden ser Na+, Cl-, Ca++, ClO-, etc.

Despois de facer a proba comprobouse que a maior concentración de electrólitos tíñaa a auga mineral, logo a fervida, logo a da billa, e a purificada practicamente non tiña.

Claro que o comercial non o explicaba así, senón que aprovéitanse de que non todo o mundo sabe o que é un electrólito e daba a entender que o que estábamos medindo era a concentración de substancias perigosas e contaminantes da auga. Vamos, que todas as augas teñen unha concentración elevadísima de algo horrible excepto a purificada co seu aparello.

O cloro pégase á comida!

ortotolidina.jpgPara demostrar doutro xeito a concentración de cloro na auga fixo un novo experimento. Botou unhas gotas de ortotolidina en cada un dos vasos. A ortotolidina reacciona co cloro disolto e tinxe de amarelo a disolución. Canto maior sexa a concentración de cloro máis escura resulta.

Hai que ter valor para dicir que o cloro é canceríxeno e que logo utilice ortotolidina para a demostración, composto que está catalogado como probable canceríxeno humano pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Centro Internacional de Investigacións contra o Cancro (CIIC). De feito xa está retirado o seu uso nos test de cloro das piscinas.

Evidentemente a auga tratada por osmose inversa quedou completamente transparente.

O seguinte foi dicir que o cloro pégase á comida e estámolo consumindo, nun ton que vía a dicir algo así como que esta substancia horrible, canceríxena e tóxica é absorbida pola comida.

Para facer a demostración pediunos unha mandarina, partiuna pola metade e meteuna nun vaso. Ao cabo dun tempo desaparecía a cor amarela da auga, e a conclusión foi que “o cloro pégase aos alimentos e estádelo consumindo!”

aceitunas.jpgVaia, pois iso é o mesmo que cando metemos unhas anchoas en sal. O cloruro sódico é absorbido por elas. O mesmo ocorre con esas olivas que comemos, que non viñan salgadas da oliveira. As sales absórbense polas células dos organismos, pero iso non ten por que ser prexudicial. Pero claro, se non pensamos niso e nos deixamos sorprender polo experimento da desaparición do ton amarelo caemos na trampa.

Toda esa porcallada que leva a auga que bebemos.

electrolisis.pngO último experimento foi unha electrólise en cada un dos vasos de auga

A electrólise é unha reacción química que se produce aplicando a electricidade.

Necesítase unha disolución con contido en electrólitos (sales disoltas, como Cl-) para que funcione como medio condutor eléctrico. Aplícase corrente continua mediante uns electrodos (ánodo e cátodo) de xeito que os ións son atraidos por cada electrodo segundo a súa carga.
Nos electrodos prodúcese unha transferencia de electróns entre os elementos que forman o electrodo e os ións, producíndose novas substancias.

Non estou segura da composición do electrodos do aparello que utilizou, pero parecéronme de aceiro e aluminio. Tampouco sei cal é exactamente a reacción química que se produciu (e se alguén a sabe agradézolle que mo diga), pero ao facer a electrólise en cada un dos vasos obtívose o resultado dun precipitado noxento en cada un deles, excepto no da auga purificada, xa que ao eliminarlle os electrólitos non produce a reacción.
Supoño que se trata dun precipitado de ferro.

vasos.png
(imaxe collida de aquí)

A mensaxe do comercial era que todo ese precipitado que estabamos a ver eran substancias que se atopaban na auga que consumimos, era a porcallada que leva agochada e que non se ve, e que grazas ao seu experimento sacabámola á luz.

De novo aprovéitanse do descoñecemento da xente, pois non todo o mundo sabe o que é unha electrólise e que nesa reacción prodúcense novas substancias, e fan crer que todo iso atopábase na auga.

O final

O comercial xa se dera de conta que na miña casa non ía vender nada, e deixou sen explicarnos cousas que tiña preparadas. A intención era a de vender un purificador de auga de nada menos que 2.500 €.

Están indo polas casas e pisos de moitas cidades de Galicia, e aprovéitanse da xente maior sen estudos e preocupada pola súa saúde para facerlle crer que a auga da traída, a do pozo ou a auga mineral embotellada son malísimas. Non é que o aparello que venden sexa malo (o prezo si), pero dende logo que os métodos que empregan para convencer á xente son un auténtico timo.

Síntome na obriga, polo tanto, de avisar destes feitos para evitar na medida do posible que máis xente sexa vítima deste fraude. E tamén destacar a importancia de que a ciencia e a tecnoloxía formen parte da cultura da poboación. A incultura científica e tecnolóxica fainos vulnerables ante aos fraudes, timos, crenzas e lendas urbanas.

39 comentarios a “ O timo dos purificadores de auga ”

  1. > Mensaxe de chuza.org

    O timo dos purificadores de auga…

    Están indo polas casas e pisos de moitas cidades de Galicia, e aprovéitanse da xente maior sen estudos e preocupada pola súa saúde para facerlle crer que a auga da traída, a do pozo ou a auga mineral embotellada son malísimas. Non é que o aparello que …

  2. [...] El timo de los purificadores de agua http://www.tecnoloxia.org/prin.....  por andresrguez hace 2 segundos [...]

  3. > Mensaxe de Manuel Abeledo

    Agradécese a mencion o meu blog :)

    Hai un tempo que tratei o tema porque una rapaza tentou timar á miña avoa. Vexo que seguen coa mesma táctica.

  4. > Mensaxe de María L

    De nada, Manuel. Buscando información na rede sobre isto atopei a túa anotación e collinche prestada a imaxe dos vasos. A verdade é que case non se atopa nada sobre estes feitos e cómpre denuncialo.

  5. > Mensaxe de Alex

    Diras todo lo que quieras pero de la ósmosis hay pruebas feacientes de que funciona!!

  6. > Mensaxe de Andor

    Si Alex, si funciona, pero nadie dijo lo contrario, de hecho está explicado arriba cómo funciona, pero de ahí, al invento de los venenos del agua es otra cosa. Aquí se aprovechan de la falta de sales en el agua, para hacer diferentes experimentos eléctricos con agua purificada, y asustar a los señores/as con que están bebiendo veneno… Hacen cosas parecidas para venderte unas máquinas en las que metes los pies en agua y supuéstamente eliminas toxinas por ahí…

    Alex / 20/03/10, 2:30:

    Diras todo lo que quieras pero de la ósmosis hay pruebas feacientes de que funciona!!

  7. > Mensaxe de David

    En la miña casa tambien quixieron timarnos, menos maal que estabamos sobre aviso. Graciñas.

  8. > Mensaxe de Alberto

    Yo tengo ese cachorro de la foto y me costó menos de 200 euros. 2500 euros es un timo.

  9. > Mensaxe de moncho

    co teu permiso marquei un enlace no facebook.xa coñecia os feitos pero me parece necesario a sua maior difusion. En alguns aspectos e como consumidores, estamos na practica igual de desprotexidos que hai 330 anos fronte a desfachatez,o “todo vale”,e os abusos da suposta libertade comercial.
    Grcias polo artigo.

  10. > Mensaxe de María L

    Grazas a ti por difundilo, Moncho.

  11. > Mensaxe de nejro

    consteste a una encuesta en la calle que me digeron que era para “mejorar la calidad del agua” y facilito mi teléfono a la encuestadora por si queríán comprobar que realmente había hecho la encuesta.
    más tarde recibo una llamada de la empresa FILTRAVEDRA, de Lérez-Pontevedra, donde me ofrecen uno de estos aparatos. les contesto tajántemente que no, y la comercial que me llama termina insultándome.

  12. > Mensaxe de Lucía

    Interesantísimo post, María. Parabéns.

  13. > Mensaxe de Álvaro

    Hola,

    No sólo es que estén mintiendo a la hora de hacer sus “demostraciones”, es que además utilizan las técnicas de marketing más rastreras para lavarle el cerebro a la gente y presionarles a hacer la compra. En mi casa utilizaron argumentos del tipo que “sólo les hacía falta una venta para que les renovaran el contrato”, una renovación que les era imprescindible por su situación familiar… le llegó a decir a mi madre que se imaginase que fuera su hijo el que estubiera en esa situación. Etc, etc.

    Mis padres, que se dejan la piel trabajando por cuatro duros, y que se privan de muchísimas cosas para hacer unos ahorrillos, terminaron picando. Cuando llegué yo a casa les dije que ni de coña, que lo cancelaran y claro, ellos habían dado su palabra y no querían volverse atrás. Al final entraron en razón pero tanto les habían lavado el cerebro y se sintieron tan presionados que mi madre terminó hasta llorando.

    El tio, cuando se enteró todavía tuvo la desfachatez de llamar todo enfadado diciendo que nos iba a llevar el purificador igual porque a él le habían dicho que lo compraban y que ahora no se podían volver atrás. Me considero hombre pacífico pero después de todo el show si llega a aparecer por casa no me hago responsable de mis actos.

    Esta gente debería estar en la carcel por estafa.

  14. > Mensaxe de María L

    O que non entendo é que sigan con este tipo de campañas e que non se lles parase os pés, sabendo que levan anos facendo o mesmo. Supoño que non é doado demostrar estes feitos, a non ser que poñas unha cámara na casa e graves todo o que fan.

  15. > Mensaxe de Pedro

    Si que son unos estafadores…Te quieren cobrar 2.500€ ó 3.000€, por un purificador de osmosis que cuesta como maximo 350€ en L.M.

  16. > Mensaxe de Antonio

    El vendedor es un estafador (porque miente para vender), pero creo que la mayoría de las personas que compran purificadores no lo hacen por “sanidad” sino para eliminar el mal sabor que a veces tiene el agua del grifo (por cierto, la mayoría de las personas que usa agua embotellada lo hace también por el mal sabor del agua del grifo).

  17. > Mensaxe de jesus

    yo compre un purificador de agua a Filtravedra en el año 2008,el agua de micasa es de pozo y era no potable(la habiamos llevado a analizar a la farmacia de mi madre),me llamaron por telefono y accedimos a recibirlos en nuestra casa.En todo momento fueron muy correctos,de echo fuimos mi señora y yo los que quisimos saber el precio del producto ya que sabiamos del problema de nuestro pozo.El caso es que nos instalaron un purificador de osmosis inversa,una luz ultravioleta y unos filtros a la salida del pozo y el agua ahora es apta para el consumo,nos costo todo sobre 2000e y nos dieron facilidades de financiacion.Y lo mejor y mas importante es que vienen una vez al año a casa a revisar la instalacion sin cobrarnos nada.Antes de tener el purificador nos gastabamos sobre 100e al mes en agua de botella y ahora pago 60e por el purificador,es decir nos ahorramos dinero y ganamos en salud.

  18. > Mensaxe de María L

    Jesús, se buscas por aí podes atopar purificadores de moi boa calidade por 300 ou 400 € . 2000 € a min paréceme excesivo

    De tódolos xeitos aquí non se critica a calidade ou eficacia da purificación, senón o o fraude no proceso de venda. Unha cousa é mercalo porque che interesa, e outra que o merques polo medo que che meteron no corpo ao dicir que coa auga que bebes podes ter cancro ou que está chea de porcallada. Utilizar o medo e a mentira para vender é detestable. Haberá empresas que non mintan para vender, pero son moitas as que si o fan.

  19. > Mensaxe de Bea

    Buenas tardes a todos, yo soy una de las clientas que compro el Purificador de Agua, y realmente no estoy de acuerdo con muchos de vosotros. En base a lo que comentais sobre el precio, si es verdad, puede costar 2.000 € pero tienes un servicio técnico de por vida totalmente gratuito, mientras que si compras por tu cuenta un purifiacdor de agua de esos de 400€ que deciis, que haceis si os estropea??? cuanto os cobran por desplazameinto y reparacïón??… Yo estoy realmente contenta, ya que tienes cualquier problema técnico y al día siguiente te lo arreglan y sin coste alguno. Creo que hay que mirar todoo, no solo precio. Y por supuesto que todas las empresas no son iguales..

  20. > Mensaxe de María L

    Unha pregunta, Bea: ¿Mercaches o “purificador” de auga despois dunha demostración como a que se describe neste post?

  21. > Mensaxe de jesus

    Hola Maria soy Jesus y ya se q hay purificadores de menos dinero,pero no tienen garantia sanitaria ni de por vida como el que nosotros compramos a Filtravedra y te aseguro que en mi casa no hubo ningun fraude,de haberlo lo sabria pues soy abogado,de hecho el comercial nos facilito un documento de revocacion para poder devolver el producto.AH te recomiendo q leas el estudio del CSIC que relaciona el cloro con el cancer de vejiga,de hecho el agua la empiezan a tratar con ozono y en las piscinas con soluciones salinas,por algo sera.De todas formas no estas enfocando el problema desde el lugar correcto,preguntate porque en el 80% de los pueblos de Pontevedra no hay alcantarillado en el siglo XXI,preguntate porque el 85% de los pozos son no potables(como era mi caso),preguntate porque las empresas vierten contaminantes a los rios y manantiales…eso si que es un fraude porque si el agua fuese buena no venderian ni un purificador,piensa en ello.

  22. > Mensaxe de María L

    Jesús, se na túa casa non houbo ningún fraude, estupendo. Na miña casa si intentaron timarme, unha empresa que se chama aguatec, e é precisamente iso o que comento neste post, e se es avogado non estaría de máis que denunciases estes feitos ou que indicases o que se pode facer ante estas prácticas comerciais, pois desde logo que son un fraude, e se non se fai nada seguirán pasando por moitas casas enganando á xente.

    Outra cousa: os aparellos de ósmose inversa non potabilizan a auga, só eliminan os electrólitos e substancias sólidas en disolución. Bótalle gasolina ou alcohol á auga e verás como o teu trebello “purificador” non soluciona nada.

  23. > Mensaxe de Alberto

    Jesús y Bea, veo que en este post se critican as técnicas engañosas de venta y no la eficacia de la ósmois inversa. Estas técnicas son un timo, tenéis que reconocerlo.
    Además yo me fío más de los informes y controles públicos de sanidad que los de una empresa que puede tener intereses diferentes a los de cuidar la salud de la población. El agua de la traída es perfectamente sana y potable.

  24. > Mensaxe de jesus

    Hola Maria eu a empresa augatec non a coñezo eu so coñezo filtravedra,pero imaxino que habera de todo e o que tes que facer e denuncialo onde corresponda,o que non se pode e meter todo no mesmo saco.No contrato que asinei con Filtravedra donaban un porcentaxe do prezo a asociacion española contra o cancro,incluso tiña o logotipo da a.e.c.c no contrato,ademais eu todos los anos fago analisis da auga e filtravedra me da os cartos que me costaron por eso que non vexo o timo por ningures,de todas formas pode ser que outras empresas non actuen da misma maneira,de xeito unha compañeira da miña muller ten un purificador fai 3 anos que o mercou a unha empresa de santiago e nunca lle viñeron cambialos filtros e ten a maquina desenchufada,a nos sin embargo todolos anos veñen sin necesidad de chamalos.Ah Maria mira o articulo que che dixen onte do CSIC e veras como o cloro e o cancer estan moi relacionados,por desgracia.

  25. > Mensaxe de jesus

    Alberto que el agua sea potable solo quiere decir que cumple con unos parametros legales y que ademas son distintos en cada pais,no significa que sea buena para tu salud,lo unico que quiere decir potable es que es tratada,ni mas ni menos.Respecto a lo del timo te voy a dar un ejemplo muy ilustrativo,imaginate que te vas a comprar una nevera y te fijas en dos,una vale 300 y tiene 2 años de garantia y la otra 2000,pero cuando se te gaste te dan otra todas las veces que haga falta,¿tu cual comprarias?

  26. > Mensaxe de María L

    Jesús, parace que vés aquí a defender a Filtravedra e a contarnos o estupenda que é. A min iso non me interesa. Como di Alberto o que critico e o proceso de venda, que é un auténtico fraude. Enganan á xente utilizando experimentos químicos que nada teñen que ver coa calidade da auga, e calquera empresa que utilice estas técnicas de venda está estafando á xente, por moi bo que sexa o servizo que ofrezan a posteriori.
    É destacable que a que peor resultados dá en tódolos “experimentos” é a auga mineral embotellada. Malísima para a saúde?
    Non insistas, que non me convences.

  27. > Mensaxe de jesus

    Maria eu so defendo o que me parece xusto pero mirando como o ves ti,o mesmo pasa coas inmobiliarias,cos vendedores de cohes…De todolos xeitos xa vexo que non interesa falar no teu blogue de cousas que ti non queiras,xa que non me dis nada da contaminacion dos pozos en Galicia,nin que moitos pueblos non teñan alcantarillado,e desde logo que nos compares o cloro ca sal comun e o no va mais, recordoche por terceira vez que leas o estudio do CSIC(centro superior de investigaciones cientificas)que relaciona o cloro co cancer de vejiga.De todolos xeitos eu douche a razon que hoxe en dia nos queren engañar de moitas formas e moitas veces pero xa todos somos maiorciños e sabemos actuar en consecuencia o que non se pode e meter a todos no mismo saco,e na miña profesion a palabra fraude e moi fuerte,non se pode dicir alegremente.Boas noites,sinto non compartir as tuas opinions pero as respeto moito.

  28. > Mensaxe de María L

    Jesús, coñezo o informe que dis, pero a relación entre o cloro da auga e o cancro non está demostrada. É unha hipótese, e non un feito. En ciencia para afirmar algo hai que demostralo.

    Utilizar os experimentos descritos neste post supón un engano, pois a condutividade non é un indicador da salubridade nin da potabilidade dun auga, e o da electrólise xa me parece o colmo, pois é unha reacción química que producen substancias novas. Estes “experimentos” só teñen como finalidade asustar á xente para convencela de que debe mercar un purificador deses, e non teñen nada que ver coas probas que se lle debe facer á auga para comprobar a pureza ou potabilidade. Estase usando o engano para vender. Non é iso un fraude, timo, estafa ou como lle queiras chamar?

    Desde logo que se alguén ten un pozo e quere comprobar a calidade da auga recomendaríalle que se puxese en contacto con organismos sanitarios públicos, e non con estas empresas que só queren encher o peto.

  29. > Mensaxe de Óscar

    También vinieron a mi casa hace unos meses y les eché a patadas.Son unos impresentables.
    El otro día hablaron de estas empresas en la radio. Decían que el aparato funciona bien pero denunciaban los engaños al vender en las casas metiendo miedo a la gente y el precio abusivo.
    Hacen estos experimentos en las viviendas, pero no los publican en sus páginas de internet. Por algo será. Si estas demostraciones son ciertas ¿por qué no las publican abiertamente? Es un timo.

  30. > Mensaxe de Alberto

    Otro sitio en el que se hacen eco del timo:

    http://grupos.emagister.com/de.....936-496771

  31. > Mensaxe de Carlos

    boas, grazas po lo artigo, pois acaba de sair correndo da miña casa o comercial de Acuatec, logo de que fose desmontando a sua demostracion despois que lera este artigo :D jajajajaaj partomeeeeeeeeee

  32. > Mensaxe de María L

    Alégrome de que te servise, Carlos, e agardo a que máis xente bote e eses timadores fóra das súas casas.

  33. > Mensaxe de jose

    haber eu teño un pozo levei a analizar a agua e non e potable
    que me recomendariades ?

  34. > Mensaxe de jose

    o tipo de filtravedra estuvo aqui analizou a agua do meu pozo e dixome que tiña incluso o bicho que podia ter a sarna , na agua de unha fonte de sanxenxo moi coñecida e que todos collen agua , dixo que tiña incluso adn humano por a porximidade de un cimenterio , non sei que pensar incluso di que non sirve nin para
    cociñar , si se ferve antes valdra ,,,non? non sei
    haber si me axuda algen
    moitas gracias aaaa e jesus que escribe neste foro …non traballaras para filtravedra non? digo eu

  35. > Mensaxe de jesus

    Hola Jose eu traballo para min,son autonomo,o que che recomendo e que leves a auga a analizar a unha farmacia ou a un laboratorio e sabras como a tes,de todas formas a min o que me reventa e a palabra estafa hai que ter moito coidado con ela e sobre todo sabela emplear pola miña experiencia no ambito legal aseguroche que moita xente se arrepinte de habela usado.Eu solo relato a miña experiencia con esa empresa que ata o dia de hoxe e moi positiva,nada mais

  36. > Mensaxe de María L

    Jose: Sarna? ADN Humano? Eses de Filtravedra están mal da cabeza. Cando algo se descompón (humano, vexetal, animal, ou o que sexa) descomponse completamente, incluso o ADN, así que non ten ADN, e se tivese non te faría ningún mal. Cando comes un filete tamén comes o ADN das súas células. E sarna por suposto que tampouco ten, así que por iso non te preocupes. De tódolos xeitos eses aparellos de ósmose inersa non serven para eliminar nin o ADN nin a sarna.

    O meu consello: nin caso a estas empresas de purificadores, que o único que fan e meter medo á xente para vender. Eu iría a analizar a auga a unha farmacia e poríame en contacto coas autoridades sanitarias. Seguramente no concello pódente asesorar.

  37. > Mensaxe de jose

    un comentario para jesus , nadie di que a maquina sexa mala…pero tes que recoñecer
    que a prova que te fan cos vasos e unha fraude…
    para que fan eso? marketin supoño , xa que custa o doble que outras das mesmas caracteristicas…un saudo e que non se enfade ningen

  38. > Mensaxe de Carmen

    Teño unha entrevista o luns en Filtrvedra.Pero cos comentarios que estou vendo aqui non sei si presentarme,

  39. > Mensaxe de Antonio

    yo me compre un purificador y estoy encantadisimo con el


Deixa un comentario: