Blogue


Realidade aumentada

A realidade aumentada consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.

Podes ver un exemplo neste vídeo:

Papervision – Augmented Reality (extended) from Boffswana on Vimeo.

Grazas a Cuarto Derecha atopei unha serie de ligazóns nas que conseguir escenas de realidade aumentada en flash, sen instalar nada no ordenador. Só necesitamos unha cámara web, imprimir unha plantilla e activar a aplicación.

Estiven facendo unhas probas. Aquí van as capturas de pantalla:

En boffswana. (Imprimir plantilla)
realidade1.jpg

En strafwerk. (Imprimir plantilla)
realidade2.jpg

En michaellanding. (imprimir plantilla)
realidade3.jpg

Tamén podemos utilizar aplicacións descargables para crear escenas de realidade aumentada no escritorio. Un exemplo é BuildAR.
realidade4.jpg

Máis anotacións sobre realidade aumentada

7 comentarios a “ Realidade aumentada ”

  1. > Mensaxe de dorfun

    …vaia! …é abraiante!!!

  2. > Mensaxe de Iván

    Este tipo de realidade aumentada xa a coñecía, e a verdade e que é moi interesante. Espero que en pouco tempo empecen a incorporar os coches estos sistemas no parabrisas dianteiro, superpoñendo ó que vemos, cousas como señais, direccións, ou información do tempo, do tráfico, ou dos coches dos arredores.

    A ver se termino cos experimentos que estou facendo coa miña webcam, volvo a montala, e probo isto, que parece moi divertido, e con moitas posibilidades.

    Había un xogo que utilizaba a mesma tecnoloxía (webcam e debuxos xeométricos impresos) para facer un puzzle de inxenio moi interesante.
    http://julianoliver.com/levelhead

    A idea é inclinar os cubos para que o boneco ande cara un lado ou outro, e ir pasando tódalas habitacións.

  3. > Mensaxe de María L

    Gústame o xogo ese dos cubos. Grazas pola ligazón, Iván.


    levelHead v1.0, 3 cube speed-run (spoiler!) from Julian Oliver on Vimeo.

    A realidade aumentada xa a están incorporando moito en televisión. Vese, por exemplo, na información do tempo (introducen paneis virtuais nunha imaxe real) ou na publicidade.

  4. > Mensaxe de adrián

    el mundo se volvió interfaz!!!

  5. > Mensaxe de María L

    Outro exemplo de realidade aumentada, esta vez nun libro:
    http://www.chipchip.ch/diplome/diplome.html


    Le monde des montagnes from Cuarto derecha on Vimeo.

  6. > Mensaxe de María L

    Outro exemplo máis de realidade aumentada: O clásico xogo de memoria.
    Podemos facernos un coa aplicación BuildAR.

  7. > Mensaxe de María L

    Outro xogo en AR:

    http://www.youtube.com/watch?v=ELnlyrWhwVs

    http://www.hitlabnz.org/wiki/COSC426


Deixa un comentario: