Blogue


Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.

Aquí tes as instrucións para montar unha.

2 comentarios a “ Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns! ”

  1. > Mensaxe de Iván

    No día da ciencia ra rúa de Coruña, nun dos stands tiñan moitas cousas de cociña solar. E entre elas tiñan unha antena parabólica metálica brillante de case dous metros de diámetro, na que fixeron uns espaguetis (nós non chegamos a probalos, pero cando non miraba ninguén puxemos un globo no foco, e tardou como 5 segundos en estourar.

    Sempre é interesante aproveitar unha enerxía que simplemente nos chega, queiramos ou non. Regaleille a miña moza unhas plantiñas (de plástico) que se moven con enerxía solar. Son un adorno estupendo, e póñense contentas cando lles da a luz.

    Estou impaciente por que perfeccionen uns paneis solares novos, que son case transparentes e poderían ir en calquera ventá, e ademais, flexibles, co que se poderían poñer incluso na roupa.

  2. > Mensaxe de María L

    Dende logo. Hoxe en día que usamos unha chea de trebellos electrónicos, cada vez máis, deberiamos ir pensando en alimentalos coa enerxía do Sol, que é gratis, non se esgota e non contamina.


Deixa un comentario: