Blogue


Vibrobots pintando

Hai uns meses falei do Toothbrush Bot, sinxelo robotiño feito cun cepillo de dentes, un motor con excéntrica sacada dun vello teléfono móbil e unha pila de botón. Hoxe atopei unha versión que utiliza dous cepillos, o que mellora a estabilidade. Neste vídeo podes ver como estes vibrobots poden facer unha interesante obra de arte para decorar o taller de tecno.


Chris Cerrito’s Vibrobots on Paint on Vimeo.

2 comentarios a “ Vibrobots pintando ”

  1. > Mensaxe de faca

    jejejej
    son muy simpáticos y divertidos
    hace tiempo que quiero construir uno de esos
    robots mínimos

  2. > Mensaxe de María L

    Pois anímate, faca, que son moi fáciles de facer. Hai outra versión que é utilizar arame para facerlle patas, no canto de usar o cepillo de dentes, e tamén fai un movemento moi simpático:
    http://www.instructables.com/i...../?ALLSTEPS


Deixa un comentario: