tecnoloxia.org
	<language>en</language>
Ardulab: Laboratorio virtual con arduino
		<description>Para a xente que anda a fedellar con arduino, o Grupo Avanzado del Aula de Robótica Complubot pon á nosa disposición un laboratorio virtual que permite interactuar coa placa arduino: Ardulab
(Entereime a través de robotikas.blogspot.com)
Será cousa de probalo...
Podes ver aquí máis anotacións relacionadas con arduino </description>
Premios Bitácoras 2010
		<description>Xa están en marcha os premios Bitácoras 2010, así que invítovos a que votedes por tecnoloxia.org na categoría de educación ou de tecnoloxía. Tedes ata o 22 de outubro.
Clica na imaxe para votar. Na páxina só tes que elixir a categoría (educación ou tecnoloxía) e darlle a un "+" que ...</description>
O corpo humano en html e php
		<description>Hoxe en día calquera pode publicar contidos en internet sen saber nada de html ou programar en php ou javascript, pero non está de máis saber unhas cantas cousiñas que nos poden salvar dun apuro ou para entrar no código e facer aquelo que non permite o editor.
Tamén hai quen ...</description>
V-Tape. Solución para a cinta adhesiva
		<description>Quen non se puxo algunha vez dos nervos por non atopar o comezo da cinta adhesiva?
Zhichuan Tang propón unha sinxela solución: Un corte en V e xa está. Non precisamos tesoiras para cortar e sempre teremos o comezo a man.
Eu faríalle dous ou tres cortes en V para que non ...</description>
Engrenaxes con formas orgánicas
		<description>Xa sabemos como construír os nosos propios engrenaxes grazas a un xerador de plantillas, facelos de cartolina e tamén sabemos que hai engrenaxes que non son circulares. 
Agora, grazas as explicacións de Clayton Boyer, podemos probar construír engrenaxes con formas orgánicas moi pouco convencionais. Mírao neste vídeo:
[youtube: How To Make ...</description>
Cando os humanos dominaron a Terra
		<description>Estupenda animación de Stephen Ong que ilustra o consumismo do que somos vítimas na sociedade actual.
"Se isto segue así, o home vai atrofiar tódolos seus membros agás o dedo de premer botóns."
[When Humans Ruled the Earth from Stephen Ong on Vimeo.]
(Vía: Artivismo) </description>
Manual sobre autómatas mecánicos
		<description>Ata o 30 de setembro podedes descargar gratuitamente de Cabaret Mechanical Theatre un manual de 18 páxinas do famoso deseñador de autómatas mecánicos Paul Spooner.
Ir á páxina da descarga: Cabaret Mechanical Theatre
Interesante  e  útil recurso para os proxectos de mecanismos de tecnoloxía de 2º de ESO.
[youtube: Anubis mechanical ...</description>
Atallos de teclado
		<description>Creo que todo o mundo que utiliza un ordenador sabe copiar, cortar e pegar texto e imaxes. Sen embargo non todo o mundo coñece os atallos de teclado que fan que esta tarefa sexa máis rápida e doada.
Aquí van algúns:
	Ctrl+C: Copiar.
	Ctrl+V: Pegar
	Ctrl+X: Cortar
	Ctrl+Z: Desfacer.
	Ctrl+Y: Refacer. 
	Ctrl+A: Seleccionar todo
Efecto microondas
		<description>Hai tempo que non participo no blogueiro Entroido da Física, que este mes vai ser en cienciamia.net, así que aproveito para explicar aquí o "efecto microondas". O nome é cousa miña, xa que non sei como chamalo.
Trátase do fenómeno que se produce cando, despois de sacar o café con leite ...</description>
As máquinas de Kristoffer Myskja
		<description>Dando unha volta por designboom.com atopei a Kristoffer Myskja, un artista noruegués que non deixa indiferente a ninguén cos seus orixinais autómatas.
Dádevos unha volta pola súa web, onde podedes ver fotos e vídeos do seu traballo, entre eles unha orixinal máquina de fumar, que supoño que necesitará saltarse a lei ...</description>
Un país baixo o nivel do mar
		<description>Hai pouco que estiven de viaxe polos Países Baixos, tamén coñecido como Holanda ou Neederland. Interesantísimo país, en moitos sentidos.
Unha das cousas que máis chama a atención é percorrer unha extensa chaira e ver como o nivel de auga das canles está por riba da terra. A razón é que ...</description>
Software libre en galego
		<description>Queres saber de onde vén ese software libre que hai en galego?
Onte no programa Ben Falado da TVG falaron do Proxecto Trasno, proxecto adicado á adaptación á lingua galega do sistema GNU/Linux e do software libre en xeral.
Clica na imaxe para ver a reportaxe:
Aquí tedes algúns enderezos para atopar software ...</description>
Nova rede do profesorado de tecnoloxía en grou.ps
		<description>O verán non é a época máis axeitada para andar por unha rede de traballo e fedellar nela, pero o peche das contas gratuítas de ning este mes obríganos a mudarnos xa a outro sitio.
A nova rede do profesorado de tecnoloxía está en http://grou.ps/tecnoprofes/, así que hai que ir abandonando ...</description>
VI Escola de verán de Almagro
		<description>Estes días ando na VI Escola de Verán de Almagro, en Ciudad Real, que este ano leva o título "Claves do éxito para a integración educativa das TIC nas escolas 2.0"
Invitáronme para participar como ponente no Ámbito II: "Educación na nube, integración da web 2.0 no ámbito científico-tecnolóxico", así que ...</description>
Vigo durante a final do Mundial
		<description>[off topic] Como o fútbol non é algo que me interese, onte pola noite fun dar unha volta por Vigo e observar a cidade pantasma, seguindo a iniciativa de kusioso.
Este é o resultado:
[youtube: Vigo durante o partido da final do Mundial]
[Música: Pixies - Isla de Encanta] (Coa Cadena Ser en ...</description>
Scan Toys: Unha mirada ao interior dos xoguetes
		<description>Preguntácheste algunha vez que teñen por dentro os xoguetes? 
É boa cousa coller un desaparafusador para desmontar os obxectos e miralos por dentro, pero para quen non se atreva a facelo por se non os dá montado de novo existe a opción de miralos con raios X. 
Mónica Rojas e ...</description>
Receitas urbanas
		<description>Ante o problema da vivenda existente neste país hai solucións ben imaxinativas. Botádelle unha ollada a recetasurbanas.net. Mostran diversos tipos de solucións de uso público para espazos baleiros.
Chamoume especialmente a atención o proxecto de Santiago Cirugeda "Aluguer de azoteas", xa non só pola xenial idea de construír unha pequena vivenda ...</description>
3 anos no blogomillo
		<description>Xa van 3 anos desde que naceu tecnoloxia.org, así que ímolo celebrar con este pastel, que quero compartir especialmente cos meus alumnos e alumnas (que loxicamente en vacacións xa non pasarán por aquí pois hai cousas máis interesantes que facer) e cos lectores e lectoras habituais.
Este curso houbo moitos altibaixos ...</description>
Instalacións tecnoartísticas en VigoTransforma
		<description>Xa queda menos para o VigoTransforma, festival en Vigo que "nace como un espazo de participación, convivencia e interrelación de  diversas disciplinas artísticas dentro dun ámbito urbano."
O venres 9 e sábado 10 de xullo haberá concertos no Peirao dos Transatlánticos, pero destaco aquí as instalacións, performances e obradoiros tecnoartísticos ...</description>
Antes e agora: Como cambiaron esas cousas que nos rodean
		<description>Antes e Agora é un dos traballos que fixo este curso o alumnado de 4º de ESO.
O obxectivo fundamental foi investigar sobre a evolución tecnolóxica que sufriron esas cousas que nos rodean e que usamos día a día e reflexionar sobre a importancia de tecnoloxía na mellora da nosa vida, ...</description>