tecnoloxia.org

Proxecto de fin de semana: Mech Warrior

Monta facilmente o guerreiro “Mech Warrior” que camiña cando facemos xirar unha manivela:

MechWarrior.gif

Só necesitas imprimir unhas plantillas nun papel algo groso ou cartolina, recortar, dobrar e colar para conseguir este robot exterminador.
Saberías describir os mecanismos que producen este movemento?

Tes as instrucións e as plantillas en Instructables.

Tamén podes substituír a manivela por unha polea de cartón e conectala a un motor eléctrico mediante unha goma. E cuns LEDs colocados nons canóns pódelo bordar. Anímaste a automatizalo? Cal sería o circuíto?

votar

Monxes budistas construíndo autómatas mecánicos

Os automatismos mecánicos non só se deseñan e constrúen en clase de tecnoloxía de 2º de ESO. Mira as creacións destes monxes:


Tinkering with monks: cardboard automata from Learning Studio on Vimeo.

Atopeino en The Automata / Automaton Blog e en apps.exploratorium.edu tes máis información.

Entre os comentarios de valoración da experiencia que fixeron os monxes gustaríame resaltar esta:

“Este obradoiro é moi diferente dos demais, porque neste a responsabilidade para a aprendizaxe é nosa. Isto é moi bo”.

votar

Do-nothing Machine

Do-nothing machine, ou a máquina que non fai nada, é un antigo xoguete mecánico que sempre me gustou.

Consiste nun bloque de madeira dividido por dúas guías a través das cales dúas pequenas pezas móvense dun lado a outro cando facemos xirar a manivela.

Trátase dun mecanismo transformador do movemento: Mentres as pezas describen un movemento lineal alternativo, calquera punto da manivela situado a partir da segunda peza debuxa unha elipse no plano. Fai a proba con esta animación en flash (de mekanizmalar.com)

Se queremos contruír este mecanismo, en instructables temos o despece e as instrucións a seguir. É moi sinxelo de facer, e aquí tes o resultado:

Pero non nos quedemos co xoguete exposto. Que farías para convertelo nunha máquina para debuxar elipses de diversos tamaños? Engadiríaslle algo ás pezas para conseguir un xoguete máis interesante?

votar

Bicicleta no Danubio

É moi habitual utilizar a enerxía da auga para xerar electricidade, pero tamén podemos aproveitala para mover unha gran escultura cinética, como esta bicicleta que hai en Budapest, movida polas augas do río Danubio.


(Vídeo en youtube: Danube bicycle , kinetic sculpture)

Observa o mecanismo, e atoparás o sistema biela-manivela.

votar