O día 22 deste mes ocorreu en Hornslet (Dinamarca) o que podes ver neste vídeo: un aeroxerador embalouse e acabou rompéndose en anacos.
[youtube: Løbsk vindmølle - wind turbine out of control]
Para que un aeroxerador funcione correctamente os ventos non deben superar os 100 km/h (o máximo rendemento prodúcese con ventos de entre 40 e 50 km/h). Cando a velocidade é excesiva, ou en caso dun mal funcionamento dalgún dos seus compoñentes, os sistemas de seguridade encárganse de frear o rotor e evitar o embalamento.
Os aeroxeradores contan con dous mecanismos de freo independentes para deter o rotor:
O sistema de freo aerodinámico ou freos en punta de pa é o sistema de freo primario dun aeroxerador. Consiste en facer xirar 90 graos a punta das pas, de xeito que se impide que o vento faga xirar o rotor, freándoo en cuestión dun par de voltas como moito.
O freo mecánico utilízase como apoio ó sistema de freo aerodinámico, como freo de estacionamento unha vez que a turbina está parada, cando se realizan labores de mantemento e tamén no caso de emerxencia, se o freo en punta de pa falla.
O freo mecánico sitúase no eixe pequeno, o que vai da multiplicadora ó xerador.
.
Está claro que neste aeroxerador do vídeo fallaron tódolos sistemas de freado de emerxencia. Un bo susto.
Podes saber máis sobre aeroxeradores en www.windpower.org
Actualización: Aquí tedes unha galería de fotos de accidentes de aeroxeradores
[youtube: wind turbines accidents]
A tecnoloxía cambia as nosas vidas a unha velocidade vertixinosa. Un exemplo moi claro é a música.
O primeiro trebello que se inventou capaz de gravar e reproducir son foi o fonógrafo. Inventouno Thomas Alba Edison en 1877.