Arquivo da categoría 'Mecánica':
Arquivo da categoría 'Mecánica':
Xa sabemos como construír os nosos propios engrenaxes grazas a un xerador de plantillas, facelos de cartolina e tamén sabemos que hai engrenaxes que non son circulares.
Agora, grazas as explicacións de Clayton Boyer, podemos probar construír engrenaxes con formas orgánicas moi pouco convencionais. Mírao neste vídeo:
[youtube: How To Make Organically-Shaped Gears]
(Visto en The Automata/Automaton Blog)
Parece doado de facer, e non é que sirvan de moito, pero resultan ben orixinais.
Ver máis anotacións sobre engrenaxes
Ata o 30 de setembro podedes descargar gratuitamente de Cabaret Mechanical Theatre un manual de 18 páxinas do famoso deseñador de autómatas mecánicos Paul Spooner.
Ir á páxina da descarga: Cabaret Mechanical Theatre
Interesante e útil recurso para os proxectos de mecanismos de tecnoloxía de 2º de ESO.
[youtube: Anubis mechanical sculpture ]
Se vos gustan os autómatas, imprescindible seguir o blogue de Cabaret Mechanical Theatre e a súa canle en youtube.
O blogue de Robótica Recreativa dános a coñecer unha interesante aplicación para calcular as relacións de transmisión dos trens de engrenaxes que fagamos con Lego: LEGO™ Gear Ratio Calculator
Chega con elixir a engrenaxe motriz e a condutora dunha serie de imaxes para que nos diga cal é a relación de transmisión correspondente e poidamos calcular a velocidade final do conxunto.
Tamén podemos seleccionar distintos buratos dun conxunto de ladrillos ou Liftarms para saber cales son as engrenaxes que podemos empregar para cada distancia, e dános tamén a relación de transmisión resultante para a parella elixida.
Cando estudamos os mecanismos transmisores e transformadores do movemento soemos poñer exemplos de utilización en máquinas e dispositivos de uso común, pero pódense utilizar tamén con fins decorativos e non funcionais, potenciando a súa beleza intrínseca.
Mira este deseño de kinektdesign. A min paréceme moi orixinal.

Aquí hai un vídeo co anel en acción:
[youtube: Kinekt Design's Gear Ring]
(Visto en swiss-miss.com)
A través do blogue Recursos Educativos atopei a aplicación ESvideo.
Trátase dun servizo que nos permite crear cuestionarios a partir de vídeos e enviar os resultados. Ten o inconveniente de que non permite til, ñ, º, e outros caracteres, pero é moi sinxelo de usar.
Fixen un pequeno cuestionario de proba sobre o motor diésel para ver como funciona o servizo.
[ESvideo: Motor diésel]
Despois de cubrir o cuestionario podedes enviarme o resultado poñendo:
Paréceme unha interesante aplicación, que seguramente usarei máis adiante.
Fixádevos no rotor deste helicóptero. Parece que non se move!
[youtube: Extreme Lift Device]
Outras veces na tele ou no cine vemos rodas de coches que xiran en sentido contrario cando se moven cara adiante.
Isto é debido a que cando gravamos un vídeo a determinados fotogramas por segundo algo que xira a unha determinada velocidade angular prodúcese unha distorsión óptica do movemento.
No caso do helicóptero de vídeo, o rotor xiraba a 360 rpm e foi filmado por unha cámara a 30 fps.
(nota: rpm= revolucións/minuto, fps= fotogramas/segundo)
Imos facer uns cálculos:

O resultado é que temos un fotograma cada vez que o rotor xira 72º.
Como vemos no vídeo, o rotor ten 5 pas separadas entre si precisamente 72º. Ao xirar 72º cada pa toma a posición da anterior, e como a cámara non capta as posicións intermedias dá a sensación de que o rotor non xira.
Este efecto chámase Wagon-wheel effect ou efecto estroboscópico. Podes probalo con esta aplicación flash de michaelbach.de:
[Aplicación flash de Wagon-wheel effect]
A roda represéntase coa velocidade de película de 24 fotogramas por segundo. Mediante o cursor podes variar a velocidade angular coa que xira, desde 0 ata 240 rpm.
Observa como percibimos que a roda xira nun sentido ou no contrario segundo a velocidade angular. Se a velocidade é de 120 rpm verás como parece que está parada. Isto é o que lle ocorre ao helicóptero do vídeo.
(Este artigo forma parte da 3ª edición do entroido da física)
Actualización 1/09/2010:
En Abadía Digital acabo de ver un curioso efecto óptico nas hélices dunha avioneta, no que se produce o chamado efecto shutter.
[Bendy Propeller from Steve Talkowski on Vimeo.]