Blogue

Arquivo da categoría 'Comunicación gráfica':

Debuxar con tipografía

Os debuxos feitos con tipografía (letras, números e caracteres) chámanse caligramas, e pinacogramas no caso de retratos.
Estes son uns exemplos:

type_moto.jpg type_astronauta.jpg
type_lilwayne.jpg type_A_Picture_Worth.jpg

Tamén podemos facer animacións con caligramas, como podedes ver neste vídeo:


[youtube: typolution ] (Vía Dreig)

Se queredes probar isto de debuxar con tipografías existen na rede diversas aplicacións que nos facilitan a tarefa. Estas son algunhas:

E como estas cousas enredan, recoméndovos que o deixedes para cando rematedes os exames deste trimestre.


Xogando coa perspectiva

Unha das primeiras cousas que se aprenden na materia de tecnoloxía é debuxar en perspectiva. Necesitamos saber representar obxectos e sistemas de forma gráfica, pois é a forma máis eficaz de transmitir a información técnica.

Pero non vos vale só para debuxar os proxectos de tecno. Podedes aproveitar que sabedes obter unha imaxe tridimensional nun plano para xogar coa perspectiva no entorno. Pode ser divertido.

Mirade a obra do artista Aakash Nihalani. Utiliza cintas adhesivas de cores para resaltar contornos inesperados nas cidades.

Aakash-Nihalani.jpg

Aakash-Nihalani-9.jpg

Aakash-Nihalani-3.jpg


[Flikr Slideshow: Aakash Nihalani Photostream]

Anímase alguén a sacarlle perspectiva á porta do taller de tecno?

Aakash-Nihalani4.jpg


Calendario dodecaédrico para o 2010

Aínda non tes calendario do 2010?

En www.ii.uib.no podemos descargarnos platillas para facer un calendario en forma de dodecaedro regular ou de dodecaedro rómbico.

deskcal.jpgrhombcal.jpg

Descarga o calendario dodecaédrico en galego (pdf) imprímeo nun papel algo groso, recorta e pega.


Tipografía recortable

Esta tipografía que ves non é moi boa para ler

recortable_tecno.jpgrecortable_loxia.jpg

pero se amplías o tamaño de letra, váleche para recortar, pegar, e facerte unhas letras en 3D de papel.

recortable.jpg

Descarga a tipografía: punched-out.font

(Visto en tec.nologia.com)


As letras e números dos lapis

Chega a hora de encher o estoxo para que non falte de nada nas clases. Hoxe en día non debes esquecer o PenDrive, pero como necesitamos facer bosquexos a man non pode faltar o clásico lapis, mais… que lapis mercar?

Se te fixas os lapis teñen unha letra e un número que os caracterizan.
lapiz.jpg

Os lapis son barriñas de grafito mesturado con arxila en diferentes proporcións, cunha cuberta de madeira. Dependendo da proporción da mestura o trazo é diferente.

lapis_gama.jpg

H significa duro (hard), e canto maior sexa o número que ten ó lado máis dura será a mina. Non emborrona, pero pode raiar o papel se apretas moito. Utilízase para deliñación.

B significa brando, ou máis ben vén de negro (black), e canto maior sexa o número que o acompaña máis brando é. Úsase en debuxo artístico.

Para bosquexos e esbozos o mellor é utilizar un lapis intermedio, B ou HB.
·
lapis_fabricacion.jpg

Como se fabrican os lapis?

A partir dun bloque de madeira normalmente de cedro obtéñense finas táboas nas que se gravan uns surcos.

Neses suscos colócanse as minas de grafito, e logo cólase outra táboa enriba.

Unha máquina encárgase de separar os distintos lapis da táboa.

Por útimo o que se fai é pintar, vernizar e afiar os lapis.

Aquí temos un documental no que se explica o proceso de fabricación:


[youtube: El Lápiz]

E aquí outro máis sinxelo:

[tudiscovery: Lápices]


Letras de papel en 3D

En epson.com.sg podemos baixarnos unhas plantillas para construír letras e números de papel como as que podes ver aquí:

tecnoloxia org

Pode ser un recurso útil para facer carteis, decorados para obras de teatro, intervencións tecnoartísticas ou o que queiras.
Mellor imprimir en cartolina ou papel groso, especialmente se imprimes ou fotocopias as plantillas en tamaño A3 ou maior.

01-1-766082.jpg