tecnoloxia.org

Xornada sobre creación de vi­deoxogos

Queredes saber como se fan os videoxogos?

Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4ºESO e Bacharelato estades de sorte. Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia) organiza unha xornada sobre creación de videoxogos en Galicia destinada a estudantes de Educación Secundaria.

A historia do videoxogo en Galicia será explicada por un experto de Continental Games, que tamén nos explicará como producen os seus videoxogos, incluídos os que están a facer para Wii.

Falarase ademais da biometría aplicada ós videoxogos. Un experto de Gradiant ocuparase deste tema e ensinará en que consiste a inmersión en escenas 3D, a detección e seguemento de caras, a realidade aumentada e outras demostracións prácticas.

videoxogos.jpg

A xornada desenvolverase o día 16 a partir das 11 da mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación, no CUVI.

Máis información en Gradiant

votar

Certame de Relatos de Ciencia Ficción. A escola do futuro

Entérome algo tarde, pero aínda hai tempo para participar no Certame de Relatos de Ciencia Ficción. A escola do futuro que organiza Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.

Animádevos a presentar un relato curto, en galego, do xénero ciencia ficción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.

Tedes ata o 11 de novembro (algo antes, para que nos dea tempo co corrixir e enviar) e podedes gañar unha Nintendo DSi.

Aquí tedes as Bases da Convocatoria.

Non sodes os primeiros que imaxinaron unha escola no futuro, pero a ver se facédelo mellor ca estes:

Jean-Marc Cotê (1899)
imaxinando a escola no ano 2000
(Post: A escola do futuro)

Shigeru Komatsuzaki (1969)
computopia_1.jpg
(Post: Computopías. Visión futurista da escola.)

votar

ArtFutura 2009: 20 anos, da realidade virtual ás redes sociais

Hoxe comeza ArtFutura 2009, co título “20 anos, da realidade virtual ás redes sociais”.

No Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), os xoves, venres e sábados ata o 28 de novembro, poderemos asistir ao programa audiovisual deste certame, que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no panorama internacional do deseño, os videoxogos e a animación dixital.

Nesta edición de 2009 o programa audiovisual explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube.

Bo proveito:

[youtube: Western Spaghetti by PES]

Ao longo destes 20 anos ArtFutura, festival de Cultura e Creatividade Digital,  tratou de mostrar que a comezos do novo milenio, arte e tecnoloxía discorren máis que nunca por camiños paralelos.

Xa non é posible entender a arte desligada dos novos media, internet e a tecnoloxía dixital.


[youtube: ArtFutura 2009 - 20 Editions]

Máis información:

votar

Queremos Galego!

É terrible que un pobo teña que saír á rúa a defender a súa cultura, pero é o que hai. Hoxe estarei en Compostela na manifestación en defensa da lingua galega convocada pola plataforma Queremos Galego.

queremos_galego.jpg

Porque a lingua galega é cultura, nada máis que cultura, e sen embargo hai xente que a ve con desprezo ou coma unha ameaza, e intenta acabar con ela. A cultura e coñecemento teñen que estar protexidos, porque son patrimonio da humanidade. É triste que haxa que saír á rúa na súa defensa, pero alí estaremos.

Actualización 24/10/2009:
O que alí pasou:


[youtube: Queremos Galego 18-Out.]

votar

Concurso Espacial 2010. Navegación por satélite.

concursoespacial.jpgNa edición deste ano o Concurso Espacial ten como lema a navegación por satélite. Está dirixido a estudantes de segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos de formación profesional de grao medio.

Pódense presentar traballos de robótica espacial, investigación, experimentación, narrativa-banda deseñada e animación, sempre en relación co tema deste ano. O prazo de presentación é dende o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2010.

Os equipos gañadores poderán participar nun campamento espacial de 10 días en Madrid e Granada, que inclúe obradoiros de robótica, construción de cohetes, observación astronómica, coloquios con persoas expertas en ciencia e tecnoloxía, visitas a estacións da NASA e ESA e ao parque das ciencias de Granada. Dende logo que o premio ten moi boa pinta.

Máis información en www.concursoespacial.com

votar