
E, de novo, manifestación en Compostela.
16 Maio 2010
5 Abril 2010
Para o profesorado de tecnoloxía:
Xa están en marcha as X Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, que este ano vanse realizar no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela os días 23 e 24 de Abril de 2010.
Eu repetirei o obradoiro de robótica con Lego Mindstorms NXT “Robots en acción!†das edicións pasadas, así que se aínda non probastes e queredes fedellar cos robots de Lego vémonos alí.
Tedes toda a información e o formulario de inscrición na web de apetega.
24 Marzo 2010
Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso de vídeo afeccionado sobre os impactos da ciencia e da tecnoloxía na nosa vida, englobado no proxecto CASC (Cidades e Comunicación da Ciencia) Unión Europea.
Trátase de realizar unha gravación curta, de menos de 3 minutos, cuxo contido responda á seguinte pregunta:
Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro?
O obxectivo da convocatoria é invitar a reflexionar sobre o papel que a ciencia e a tecnoloxía xogan nas nosas vidas e en particular cales son as nosas expectativas acerca do que poden proporcionarnos para o futuro.
Seguro que moitas veces botastes en falta algún sistema ou trebello que vos solucionase algún problema. Pensádeo. Estas vacacións de Semana Santa son boas datas para coller a cámara e facer este traballo.
Podedes gañar unha cámara de vídeo e unha viaxe a Bruxelas, onde competiredes cos gañadores do resto de países participantes.
Os traballos serán valorados por un xurado que terá en conta a orixinalidade, a claridade da mensaxe e o valor artístico dos vídeos. A calidade técnica non terá moita consideración, polo que as gravacións poden ser realizadas mesmo con teléfonos móbiles ou webcams.
A data límite para presentar os traballos é ata o 16 de abril, así que quen se anime que traia o seu vídeo á volta das vacacións.
Aquí tedes máis información sobre a convocatoria.
(Vía: Microsiervos)
(Imaxe de: robotsandmonsters.org)
30 Xaneiro 2010
Xa comezou a cuarta edición do Premio Espiral Edublogs10, convocado pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.
Con estes premios preténdese:
Xa presentei o meu blogue tecnoloxia.org ao concurso. Se queres podes deixar alí unha mensaxe de apoio.
Se es profesora ou profesor e tes un blogue, anímate a presentalo. Máis alá dos premios, que son o de menos, o máis importante desta iniciativa é a difusión que se fai dos blogues educativos, e que se lle dea visibilidade ao traballo que se está a facer dende as aulas de ensino de tódolos niveis.
Máis información: http://edublogs10.ciberespiral.org
9 Novembro 2009
APETEGA organiza un ano máis a Xornada Monográfica, esta bez baixo o tema A Enerxía Solar. Será o 28 de novembro de 2009 en Nigrán.
A xornada está dirixida ao profesorado do ensino público de educación secundaria que imparta a área de Tecnoloxía.
Os obxectivos son:
Prazo de inscrición: dende o luns 9 de novembro ás 22:00 h ata o venres 20 de novembro ás 20:00 h
Hai prazas limitadas, así que se vos interesa anotádevos canto antes.
Máis información: