Arquivo da categoría 'Control e Robótica':
Arquivo da categoría 'Control e Robótica':
Para a xente que anda a fedellar con arduino, o Grupo Avanzado del Aula de Robótica Complubot pon á nosa disposición un laboratorio virtual que permite interactuar coa placa arduino: Ardulab

(Entereime a través de robotikas.blogspot.com)
Será cousa de probalo…
_ _ _
Podes ver aquí máis anotacións relacionadas con arduino
Xa rematou o curso, así que deséxovos que pasedes unhas estupendas vacacións e que cheguedes a setembro coas pilas cargadas.
E non sodes só os estudantes os que ides estar de relax. Os robots tamén van tomarse un descanso este verán con diversas actividades de ocio.
Xogan ao fútbol:
[youtube: robocopa]
Xogan ao billar:
[youtube: PR2 Robot Plays Pool]
Resolven sudokus:
[youtube: LEGO Mindstorms Sudoku Solver ]
Xogan ao xadrez:
[youtube: Monster Chess - One Game]
[dailymotion: Chess]
Xogan ao hockey sobre mesa:
[youtube: Flexis AC Demonstration]
Aprenden a tocar instrumentos musicais:
[youtube: Robot Violinist]
[youtube: Demo Violí MIDI i Metal·lòfon MIDI al Sonarmàtica 2010]
Xogan ao Baseball:
[youtube: Baseball Batting Robot]
[youtube: Baseball robots]
Veña, a pasar un verán entretido!
“Lambetadas Baiona” é a máquina expendedora de caramelos que deseñaron, construíron e programaron os alumnos de Tecnoloxía Industrial I, e que gañou o segundo premio en Robocampeones 2010.
Aquí podedes ver un vídeo coa explicación do seu funcionamento:
[Lambetadas Baiona from María L on Vimeo.]
[Música: Manu Chao. Trapped by love + Le rendez vous]
Para coñecer máis detalles sobre a máquina podedes visitar a web:
Podedes ver alí como se deseñaron e construíron os distintos sistemas e mecanismos, descargar os programas así como información sobre as máquinas expendedoras comerciais.
Aínda falta algún apartado por completar, pero agardo que o rematen esta semana.
Se queredes deixarlles algún comentario aos autores utilizade o libro de visitas.
Aquí vai o vídeo da viaxe que fixemos a Toledo e da competición Robocampeones 2010 dos días 26, 27 e 28 de maio, no que participou alumnado de tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, no marco do programa ARCE de agrupamentos escolares.
[Robocampeones 2010 from María L on Vimeo.]
Música:
[goear: Friends Theme - I´ll be there for you - The Rembrandts]
[goear: She - Green Day]
O alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona foi premiado no campionato de robótica Robocampeones 2010 que se celebrou o venres 28 de maio no IES Jovellanos de Fuenlabrada (Madrid)
O segundo posto da Proba Libre levouno a máquina expendedora de caramelos “Lambetadas Baiona” que deseñaron, construíron e programaron os alumnos de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato. Un gran traballo de enxeñería. Parabéns!
Os representantes en Madrid foron Damián, Pablo e Javier


Máis adiante xa publicaremos máis fotos, vídeos e a explicación do funcionamento da máquina que, resumindo, é capaz de distinguir moedas de 50 e 10 céntimos e permite a selección de tres tipos de caramelos mediante dous mecanismos diferentes.
Na Proba de Rescate, na que participaron unha trintena de equipos, tamén quedaron moi ben.
O equipo Lucecú formado por Daniel (4º ESO A) e Javier (1º Bach) quedou terceiro. Un gran traballo, Felicidades!

O equipo O Morriñas formado por Jessica e Anxo de 4º ESO B quedou no cuarto posto. Non levaron copa, pero o resultado é tamén magnífico. Parabéns!

O equipo Sapoconcho formado por Irene e Arancha de 4º A non se clasificou para a final debido a un problema ao esquivar unha lata, pero fixérono tamén fenomenal. Son tamén unhas campioas!

Moitos alumnos e alumnas quedaron en Baiona e non puideron asistir á competición, pero tamén traballaron estupendamente todo este tempo. Os premios son para todos e todas, xa que son produto da enorme implicación e traballo en equipo do alumnado de Tecnoloxía. Felicidades!

Grazas ao IES Gaspar Melchor de Jovellanos e en especial a Víctor polo traballo de organización, e o noso máis sinceiro agradecemento a César e ao alumnado do IES El Greco de Toledo polo magnífico trato recibido acolléndonos no seu instituto os días previos á competición.
Actualización 01-xuño-2010
Saímos no xornal Faro de Vigo (clica na imaxe para ampliar)
Xa sei que chega tarde, pero aquí tedes unha montaxe coas fotos que sacamos durante as Xornadas de Robótica Baiona-Toledo os días 3 e 4 de maio.
[Xornadas de Robótica Baiona-Toledo from María L on Vimeo.]
[Música: AID - Non importa]
Se queredes ter as fotos orixinais lembrádevos de traer un pen drive para gravalas dun dos ordenadores do taller.