Blogue

NXT e Bluetooth

bluetooth.comEn Robótica Recreativa e Educativa infórmannos de que bluetooth.com convoca un concurso para montar un robot con Lego Mindstorms NXT que, utilizando a conexión bluetooth, se conecte con outro sispositivo coma un PC ou un teléfono móbil.

Unha vez construído e programado hai que sacarlle un vídeo que amose como utiliza as funcións bluethooth.

O mellor traballo gaña un kit de LEGO Mindstorms NXT e outros premios Bluetooth.

O prazo remata o 31 de outubro.

Propulsión a chorro (de auga)

A propulsión a chorro é un procedemento polo que se impulsa cara adiante un obxecto como reacción á expulsión cara atrás dunha corrente de gas ou líquido a gran velocidade.

Un exemplo sinxelo é o movemento dun globo inchado cando se deixa saír o aire repentinamente.

Outro exemplo nolo dan uns bombeiros co experimento que podes ver neste vídeo. Son capaces de elevar un automóbil utilizando chorros de auga a presión. (vía: Sin los pies en el suelo)

Os reactores atmosféricos utilizados en aviación dependen do fluxo dunha gran masa de aire que se comprime e finalmente se expande ata baixas presións a través dunha tobera para lograr unha elevada velocidade de saída do chorro.

turborreactor

Hai outras variantes, como as turbohélices, os turboventiladores, estatorreactores, etc.

Nesta ligazón podes ver unha animación do funcionamento destes sistemas.

Na páxina 8 desta infografía de consumer.es explican tamén como funcionan os propulsores dos avións.

Obradoiro de robótica

EnxeñoEnxeño é un obradoiro de robótica dirixido a rapaces e rapazas de sexto curso de Primaria e primeiro e segundo curso de Secundaria no que nunha mañá construirán por grupos e de xeito guiado un robot LEGO que logo farano funcionar.

Este obradoiro terá lugar na ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo durante os meses de outubro e novembro de 2008.

O prazo de solicitude remata o 20 de setembro.

Tes máis información na web de enxeño.

Moving Toy Mechanisms

Moving Toy Mechanisms é un xogo no que tes que construír unha máquina para atrapar a un rato utilizando levas, engrenaxes, pancas ou poleas.

Moving Toy Mechanisms

A divertirse!

Paper Blocks: Tetris 3D

Microsiervos achéganos unha interesante aplicación para traballar a visión tridimensional: Paper Blocks.

Trátase dunha recreación do tetris en 3D para xogar on-line, parecida ao tetrical que vos anunciaba hai tempo. As pezas móvense cos cursores do teclado e fanse xirar coas teclas A-S-D.

Proba botar unha partida a Paper Blocks!

Paper Blocks

Escultura en granito

Antonella TiozzoSe che gusta a escultura e queres saber como se traballa o granito, aínda estás a tempo de ver in situ o traballo de oito escultoras e escultores que están a executar as súas obras diante do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo).

O obxectivo principal do Simposio Europeo de Escultura “Arte e Tecnoloxía” é dotar de esculturas ao entorno do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

O material das obras é principalmente granito de diversas calidades e zonas da provincia de Pontevedra: Rosa de Porriño, Negro de Campolameiro, Gris de Mondariz, Albero do Galiñeiro, Azulado de Couso, Gris de Salvaterra, Silvestre do Monte Alba, etc.

Bo material elixido nun país feito de pedra, e máis na área metropolitana de Vigo, na que unha das industrias con maior peso é a extración, transformación e comercialización de granito.

Se che interesa a profesión podes informarte na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

Espertador de auga

O luns que vén xa temos os odiados exames de setembro. Profes e alumnado teremos que conectar o espertador despois de moito tempo erguéndonos á hora que nos peta.
Dificultades para espertar pola mañá? Se non tes un deses espertadores comerciais que nos fan espabilar podes fabricar un espertador de auga como o que nos amosan neste vídeo. Non hai como unha boa ducha de auga fría para poñerse en pe.

Ocórreseme que podemos utilizar un espertador como programador para os nosos proxectos. Por exemplo, para facer un sistema de rego automático, ou calquera outro proxecto que queiramos que se poña en funcionamento a unha hora determinada. Cun espertador dos “chinos” e un relé conectado no canto do altofalante ou en paralelo con el xa temos un programador, temporizador ou cronómetro que poden ser útiles para utilizalos nos nosos prototipos.

Bancos de imaxes

Xa sexa para os apuntes do profesorado como para os traballos do alumnado temos que botar man de imaxes da rede para ilustrar ditos documentos. Aquí van algunhas direccións nas que podemos conseguir (e nalgúns casos aportar) imaxes para a área de tecnoloxía:

Se sabes dalgunha galería máis que sexa útil para o ensino da tecnoloxía podes engadir a ligazón na sección de recursos (Ligazóns : Webs xerais de tecnoloxía : Recursos)

Ligazóns

ligazónsPodedes consultar a relación de ligazóns relacionadas co ensino da tecnoloxía clicando en “Ligazóns” no panel lateral esquerdo.

Se vedes que falta algunha interesante podedes engadila na categoría correspondente.

Tamén podedes subscribiros co RSS RSS das ligazóns para ver as últimas novidades introducidas.

Pouco a pouco, cada vez somos máis os profesores e profesoras de tecnoloxía a que publicamos na rede o material que temos feito, apuntes, prácticas e proxectos. Cada aportación, por pequena que sexa, contribúe a enriquecer a rede, a ampliar biblioteca virtual de recursos para a área e a dar a coñecer o noso traballo na educación secundaria.

Se aínda non tes nada publicado, anímate!

(Imaxe obtida de Sincita)

Engrenaxes

Un bonito vídeo para a identificación de tipos de engrenaxes:


pechar
Elaborado con ShareThis