Electrónica

Niveis 1 e 2

Propostas de prácticas e proxectos de electrónica

»Inicio    »Técnicas de montaxe    »Prácticas    » Deseño de circuítos    »Proxectos analóxicos    » Proxectos dixitais   
proxectos

Inicio

Nesta sección irei engadindo pouco a pouco agunhas propostas de proxectos con circuítos analóxicos e dixitais.

Debes repasar os circuítos eléctricos, pois para estes proxectos necesitarás utilizar relés, finais de carreira, e outros compoñentes e circuítos vistos con anterioridade.

A introducción de circuítos nos teus proxectos pódela facer mediante diversas técnicas de montaxe: utilizando regletas de conexión, placas de prototipos ou placas de circuítos impresos. Se utilizas placas de circuítos impresos comproba antes o funcionamento do teu circuíto utilizando unha protoboard, e así non estragar os compoñentes ao soldalos.

Antes de engadir un circuíto electrónico a un proxecto deberías realizar unhas prácticas.

O deseño de circuítos electrónicos pode ser complicado a estes niveis, pero podes realizar determinados cambios aos circuítos que propoñemos, ou combinar varios circuítos entre si. Axúdate dun simulador e utiliza unha placa de prototipos para comprobar o funcionamento.

Se tes algunha proposta de proxecto pódela enviar para incluíla nesta sección. Por suposto indicarei a autoría da proposta.

 


Suxestións: @   |   Actualizado o 6-01-2008

W3C   Creative Commons License