Electrónica

Electrónica dixital

»Inicio Dixital   »Sistemas de numeración    »Portas lóxicas    » Simplificación    »Actividades   

binarioA electrónica dixital é a parte da electrónica que se encarga dos sistemas electrónicos nos cales a información está codificada en dous únicos estados: 1 e 0. A cada un deles asígnaselle unha voltaxe ou rango de voltaxes determinado, chamados niveis lóxicos.

Estes ceros e uns poden ser impulsos eléctricos de baixa e alta tensión, interruptores abertos ou pechados, áreas microscópicas de memoria magnetizadas nun senso ou no contrario, etc.

sinal dixital

A electrónica dixital utilízase para realizar autómatas, e constitúe a pedra angular dos sistemas microprogramados, como son os ordenadores.

Cando as magnitudes que se desexan procesar (temperatura, velocidade, etc.) son analóxicas, é necesario convertelas a sinais dixitais. Isto faise con convertedores analóxicos-dixitais (A/D). Por exemplo, nun termómetro dixital. Da mesma forma, cando un sistema ten que entregar un sinal analóxico e a súa orixe está no formato dixital, utilizarase un convertedor dixital-analóxico(D/A). Por exemplo un lector de CD's de audio.

Sensor de
Temperatura:
sinal analóxico
variación da temperatura -> convertidor A/D -> termómetro dixital display Display:
sinal dixital

Podemos dividir a electrónica dixital en combinacional e secuencial.

  • Na electrónica dixital combinacional o valor da saída depende unicamente dos valores das entradas
  • A electrónica dixital secuencial é capaz de almacenar información na que a saída depende, ademais das entradas, do valor anterior da saída.
Sistemas de numeración »


Suxestións: @   |   Actualizado o 17-11-2007

W3C   Creative Commons License