tecnoloxia.org

Electrónica analóxica.

Niveis 1 e 2

Circuítos Integrados

555

O temporizador 555.

O 555 é um circuito integrado dedicado e proxectado para aplicacións de temporizador e oscilador. É un dos máis populares e versátiles circuítos integrados xamáis producidos. Está composto por 23 transistores, 2 diodos e 16 resistencias nun chip de silício e ten un encapsulamento de 8 pins.

Antes de conectalos debemos identificar moi ben os pins:

555 pins

  • 1. GND ou Terra. Conéctase a 0V
  • 2. TR ou gatillo (trigger). Un pulso curto inicia o temporizador.
  • 3. Output ou saída. A ese pin conectamos o dispositivo de saída do temporizador (un LED, un zoador, un relé, ...)
  • 4. Reset. Un intervalo de temporización pode ser interrompido pola aplicación dun pulso neste pin.
  • 5. Control de tensión. Normalmente déixase desconectado.
  • 6. THR ou theshold. O limiar no cal o intervalo finaliza.
  • 7. Discharge ou descarga.
  • 8. VCC. É a tensión positiva da fonte, que debe estar entre +5 e +15 V

Podemos conectar o temporizador 555 en funcionamento monoestable ou en funcionamento astable.