Electrónica analóxica.
Díodos
LED (light-emitting-diode) o diodo luminiscente.
É un
diodo que emite luz. Non ten nada que ver coas lámpadas de incandescencia.
A luz dun LED provén dun cristal que emite ondas electromagnéticas visibles.
As aplicacións dos LEDs atopámolas como indicadores de funcionamento ou control de aparatos modernos: ordenadores, impresoras, luces de testigo dos automóbiles, etc. Cada vez que vemos que pequenas luces acéndense para indicar algo, xeralmente trátanse de LEDs, xa que presentan moitas vantaxes respecto ás lámpadas de incandescencia: menor consumo eléctrico, maior resistencia e duración e menor tamaño.
Un LED ten os terminais de diferente tamaño. O grande é o ánodo, e conéctase ao positivo, pois se o conectamos ao revés non conduce.
A tensión en bornes dun LED non debe exceder nunca de 2V nin pode circular una intensidade maior de 20 mA. En caso contrario quéimase. Como na maior parte das montaxes utilízase unha tensión maior de 1,6 V, esta diferencia de potencial débese reducir coa axuda dunha resistencia colocada en serie. O valor desa resistencia dependerá de Vin:
