Cómpre que aprendas a deseñar os teus propios circuítos para adaptalos aos
teus proxectos, xa que non sempre chos van dar feitos. Resulta moi útil utilizar
un simulador de circuítos eléctricos para
probar o seu funcionamento antes de facer a montaxe real.
Por exemplo, para o seguinte proxecto de mecanismos de 2º de ESO os compoñentes do grupo querían que:
Mediante o simulador crocodrile technology deseñamos o circuíto:
1. Para controlar o semáforo utilizamos un conmutador. O LED vermello colocámolo
nunha posición e o verde na outra. Como imos utilizar unha pila de 4,5 voltios
conectamos unha resistencia de 100 ohmios en serie con cada LED. ![]()
2. Queremos que o motor se mova cando o LED verde estea
aceso, así que conectámolo en paralelo con el. ![]()
3. Probamos o circuíto conectando unha pila e o
interruptor xeral.![]()
Probar
circuíto:
![]()
4. Por último conectamos a lámpada co seu interruptor.
Debemos conectala en paralelo con todo o anterior para que funcione de xeito
independiente. ![]()
Cando xa comprobamos que o circuíto funciona, facemos unha planificación do cableado real. Fai un debuxo coa posición dos compoñentes no prototipo e debuxa a conexión dos cables. Isto axudarache a facer o circuíto real no teu prototipo.

Debes colocar os cables ordenados e non facer unha maraña xa que se hai algún fallo poderemos revisalo sen facernos un lío.
Se tes algunha dúbida no deseño do teu circuíto podes consultala escribindo un correo electrónico