Electricidade. Magnitudes.
Voltaxe, tensión e diferencia de potencial.
A tensión ou voltaxe (V), é a enerxía
por unidade de carga que proporciona unha pila
ou fonte de alimentación.
Mídese en Voltios (V)
A pila ou batería subministra a enerxía necesaria para que as cargas eléctricas circulen por un circuíto.
Tódalas pilas e baterías indican nas súas características a voltaxe que nos proporcionan. Fíxate na batería do teu teléfono móbil: Qué voltaxe marca? E o cargador?
Cando falamos de diferencia de potencial referímonos á diferencia de enerxía por unidade de carga entre dous puntos dun circuíto.
Aumentando a voltaxe
Cantos máis voltios subministremos a un circuíto, máis
enerxía terán os electróns para moverse, pero coidado,
porque se nos pasamos os elementos do circuíto pódense estragar. Hai un límite.
Fai clic para accionar o interruptor, separa o cursor da imaxe para volver á posición inicial. Verás que a lámpada que está conectada a 12 V fúndese, pois non soporta esa voltaxe entre os seus terminais.
Se conectamos varias pilas en serie podemos obter máis voltaxe. Por exemplo, se conectamos en serie dúas pilas de 1,5V obtemos unha voltaxe total de 3V. Fíxate na figura, o polo positivo dunha pila conéctase co polo negativo da seguinte.

![]()