Electricidade. Magnitudes.
Potencia eléctrica.
A potencia eléctrica é a enerxía consumida por unidade de tempo.
Canta máis potencia teña un aparello eléctrico
- máis enerxía eléctrica consume na unidade de tempo.
- menos tardará en consumir unha certa cantidade de enerxía.
Por exemplo, para quentar unha pota de auga
necesitamos unha determinada cantidade de enerxía calorífica, con
independencia do sistema que utilicemos para quentala.
Unha vitrocerámica consume enerxía eléctrica e transfórmaa en enerxía calorífica. Canta máis potencia seleccione na vitrocerámica, menos tempo vou necesitar para quentar esa pota de auga, pero a enerxía eléctrica consumida é a mesma (sen contar a que estragamos).
Cálculos:
P = E / t => E = P · t
Unidades:
P = potencia en vatios (W), E = enerxía en xulios (J) e t= tempo en segundos (s)
P = potencia en kilovatios (kW), E = enerxía en kilovatios-hora (kWh) e t= tempo en horas (h)
Como E = V · I · t , temos que: P = V · I
V= voltaxe en voltios (V), I = intensidade en amperios (A)