Presentación.
Inicio
Un
mundo sen electricidade?
Guía
didáctica
Recursos
complementarios (Saír)
Electricidade
no Blog (Saír)
Guía didáctica
Nesta sección se introducen os conceptos básicos de electricidade. A finalidade
é que o alumnado sexa capaz de interpretar esquemas
eléctricos e deseñar
circuítos para os seus proxectos.
Nivel:
O nivel é inicial. Algúns contidos pódense
impartir en 2º de ESO (nivel
1) e outros en 3º de ESO (nivel 2), anque convén neste curso
realizar un repaso dos contidos elementais vistos en cursos anteriores. (Moitos
destes contidos estaban feitos para 1º de ESO, curso no que desaparece a
tecnoloxía trala reforma da LOE, así que pode resultar un nivel baixo para
2º de ESO, especialmente as propostas de proxectos)
Recursos:
Recoméndase utilizar como recurso adicional un programa
de simulación de circuítos eléctricos e electrónicos.
Actividades:
Inclúense en cada sección unha serie de actividades
no ordenador coas que se pretende
que o alumnado repase os contidos tratados, especialmente no referente a:
- Asimilación dos conceptos básicos sobre a natureza da electricidade,
magnitudes eléctricas, e circuítos.
- Identificación dos compoñentes, co seu símbolo eléctrico
correspondente.
- Identificación das patillas dos diferentes elementos de manobra
para poder conectalos correctamente en montaxes prácticas.
- Elección dos compoñentes máis axeitados para unha
montaxe determinada.
Prácticas e proxectos:
Resulta imprescindible a realización de montaxes prácticas
con compoñentes reais. Os contidos e actividades que aquí se
presentan non son máis ca un complemento para a aprendizaxe, pero
non debe substituír o traballo práctico no taller. Para iso
preséntanse unha serie de actividades prácticas e propostas
de proxectos:
- Fabricación de compoñentes para os nosos circuítos.
Útil no caso de non ter compoñentes comerciais e para comprender
o funcionamento dos mesmos.
- Prácticas de conexión de circuítos.
Trátase de adquirir práctica conectando estes compoñentes
en circuítos reais, identificando correctamente as patillas, e comprobando
o funcionamento de diferentes circuítos. A realizacion destas prácticas
capacita ao alumnado para realizar montaxes eléctricas nos prototipos construídos
no taller.
- Deseño de circuítos eléctricos.
Preténdese que o alumnado sexa capaz de deseñar os seus propios
circuítos e que saiba aplicalos aos seus proxectos.
- Propostas de proxectos.
Inclúense unha serie de propostas de proxectos, unhas directamente relacionadas
con este bloque, e outras de inclusión de circuítos eléctricos aos proxectos
de mecanismos realizados con anterioridade.
Cuestionarios de navegación:
Inclúese un cuestionario de navegación para
cada sección para que o alumnado vaia contestando a diversas preguntas
relacionadas cos contidos que aparecen en cada páxina a medida que
as vai visitando.
- Electróns en movemento: (odt | pdf)
- Magnitudes eléctricas: Nivel1- V, I, R, medidas (odt | pdf)
; Nivel2- P, E (odt | pdf)
;
- Circuítos básicos: Nivel1-circuítos (odt | pdf) ; Nivel2-cálculos
(odt | pdf)
- Compoñentes: (odt | pdf)
Suxestións:
Para calquera dúbida ou suxestión podedes escribirme un correo electrónico