tecnoloxia.org

Electricidade. Electróns en movemento

Nivel 1

Electromagnetismo

Un electroimán é un imán que funciona mediante a electricidade.

Cando o electroimán está conectado a unha pila ten propiedades magnéticas e é capaz de atraer obxectos metálicos.
Cando o desconectamos da corrente perde as súas propiedades magnéticas e deixa de atraer obxectos metálicos.

Este fenómeno resulta moi útil para moitos dispositivos, como timbres, relés, etc. As grúas utilizadas en chatarrerías están formadas por potentes electroimáns.

electroimán Práctica Práctica: Podes construír un electroimán.

1- Colle un cable moi longo e un anaco de ferro (pode valer un cravo longo).
2- Enrola o cable ao redor do cravo, con coidado de que non se superpoñan as voltas. 
3- Conecta os extremos do cable a unha pila.
4- Achega o teu electroimán a uns clips. Verás que son atraídos polo electroimán.
5. Desconecta a pila, e verás como o electroimán deixa de atraer e os clips cáense.

Clica no pulsador para pechalo e activar así o electroimán para atraer os clips. Separa o cursor da imaxe para abrilo de novo e soltar os clips.




Suxestións: @   |   Actualizado o 13-09-2011

Creative Commons License