tecnoloxia.org

Electricidade. Electróns en movemento

Nivel 1

O circuíto eléctrico simple

Compoñentes

símbolo pilapilaPara construír un circuíto eléctrico necesitamos:

- Unha pila: é o elemento que nos proporciona a enerxía necesaria para que os electróns circulen.

símbolo conexióncable- Cable: é o medio polo que os electróns van circular. Está composto de cobre, que é un material condutor, e unha envoltura de plástico, que actúa como illante.

- Unha lámpada, un motor, ou un zoador. Son os elementos receptores da electricidade. Recíbena para transformala en luz e calor, movemento, ou son respectivamente.

lámpadassímbolo lámpada   motor eléctricosímbolo do motor   zoadorsímbolo do zoador

- Un interruptor ou pulsador. Son os elementos que me permiten manobrar sobre o circuíto.

interruptorsímbolo interruptor   pulsadoressímbolo do pulsador

circuíto simple

Máis adiante coñecerás máis compoñentes para facer montaxes máis complexas, pero isto chéganos para facer os primeiros circuítos.
acender apagar

A montaxe

Para que a corrente eléctrica circule, o circuíto ten que estar pechado, ten que haber un camiño entre o polo positivo e o negativo da pila. No momento en que o circuíto se abre os electróns deixan de circular.

Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos.

Circuíto con interruptor e lámpada
Circuíto con interruptor e motor
Circuíto con pulsador e zoador
circuito1 circuito14 circuito15

Sentido da corrente

As frechas que aparecen sobre o cable marcan o sentido da corrente eléctrica que, por convenio, vai do polo positivo ao polo negativo da pila, anque os electróns móvense en sentido contrario.
sentido da corrente




Suxestións: @   |   Actualizado o 13-09-2011

Creative Commons License