Electricidade. Compoñentes dun circuíto
Nivel 1
Introdución
Para montar un circuíto eléctrico necesitamos os seguintes compoñentes básicos. Debemos coñecer o seu símbolo para poder deseñar e interpretar circuítos eléctricos.
- Un xerador ou acumulador que proporcione a diferencia
de potencial necesaria para que a corrente eléctrica flúa polo circuíto. Pode ser unha pila, unha batería, unha fonte de alimentación, ou un xerador de corrente continua ou alterna.
- Un medio condutor polo que a corrente eléctrica poda circular. Pode ser un cable, unha chapa metálica, unha placa de prototipos, unha placa
de circuítos impresos, etc.
- Uns elementos receptores da enerxía eléctrica
que a transformen noutro tipo de enerxía: unha lámpada
para proporcionar luz e calor, un motor que proporciona movemento, etc.
- Uns elementos de manobra ou control que me permitan
controlar o circuíto, abrindo ou pechando o paso de corrente.
Temos para iso os interruptores, pulsadores, conmutadores, etc.
- Tamén podemos introducir elementos de protección, que protexen aos elementos do circuíto de posibles sobrecargas. Por exemplo, un fusible ten esa función.