tecnoloxia.org

Electricidade. Circuítos básicos.

Nivel 1

Circuíto en serie

circuíto serie

É un circuíto no que conectamos varios receptores un despois do outro, tal e como se mostra na figura.

Fai clic para pechar o interruptor, fai dobre clic para abrilo.
circuito_serie1

Onde coloco o interruptor?

Dá igual a posición do interruptor, pódelo poñer onde queiras. A súa función é abrir o circuíto e cortar o paso da corrente, e ísto pódeo facer en calquera punto do circuíto.

Son independentes?

Ademáis, vanse acender e apagar tódolos compoñentes ao mesmo tempo. Non podes acendelos e apagalos de xeito independiente.

Fai clic para pechar os interruptores, fai dobre clic para abrilos. Verás que dá igual a posición dos interruptores.
circuito_serie2 circuito_serie4 circuito_serie3

Máis resistencia, menos intensidade

Cando conectamos moitas lámpadas en serie nun circuíto estamos aumentando a resistencia do mesmo, é dicir, ós electróns resúltalles máis difícil circular e, polo tanto, a intensidade é menor.
Polo tanto, non conectes moitos receptores en serie, porque vanche funcionar mal: as lámpadas alumearán menos, os motores xirarán máis a modo, e os zoadores soarán menos.

Fai clic para pechar os interruptores, fai dobre clic para abrilos. Acende todos os circuítos. Verás que as lámpadas cada vez alumean menos.
circuito19 circuito17 circuito18

Compoñente fundido

Ten outro inconveniente: Se un dos compoñentes fúndese ou desconéctase, o resto deixa de funcionar, xa que se abre o circuíto e deixa de circular a corrente. Ou funcionan tódolos receptores á vez, ou non funciona ningún.

Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre clic para abrilos. Como a lámpada está fundida o circuíto queda aberto e deixa de funcionar.
circuito_serie5 circuíto serie con lámpada fundida




Suxestións: @   |   Actualizado o 13-09-2011

Creative Commons License